Arquivo de 'Lei de Murphy'

IaRRoVaWo VS Murphy (3)

14 abril 2007

Á cuarta irá a vencida? Non o sei e creo que tampouco quero sabe-lo.

Empezo a pensar que son gafe ou que hai un poltergeist na miña casa porque o que me pasa é máis raro que unha muller negra-musulmá-árabe-lesbiana-comunista presidenta dos Estados Unidos de América (levo tempo querendo dicir iso xD).

O portátil chegoume o venres e foi todo sen problemas, instalo programas, configuro, todo ben. O sábado pola mañá igual, todo ben... encendo o portátil, funciona ben pero o internet non ía. Era problema do router pero por si acaso reinicio e... misteriosamente xa non pasa da bios xDD... xa o tomo a risa. Ala, outra vez sen portátil. Dende febrero foi 2 veces á fábrica e aínda estou sen poder utilizalo...

Pero agarden, a cousa non acaba ahí. O PC de sobremesa funcionaba ben (e digo funcionaba) toda esta semana, e o venres inclusive, pero foi chegar o sábado á maña... e non carga Windows XP xDD. Xa nin me estrañou. En fin... os dous ordenadores que teño out of service misteriosamente. E non, eu non son das persoas que anda a trastos con eles ou que lles instala cousas raras e de dubidosa procedencia pero... Murphy miroume mal, que lle vou facer.

O do PC de sobremesa solucionouse formateando (perdin todas as descargas do eMule) pero o problema e que non tiña CD de Windows XP e misteriosamente nin Ubuntu nin Kubuntu querían instalarse. Atopei un CD de Windows XP Fenix Team que me deixara un amigo e instaleino, pero resulta que ese S.O. é unha merda, feo, inestable e aínda por riba teño o teclado desconfigurado. Instaleille o uTorrent e descarguei o Windows XP UE v6 recomendado por Andrés, o cal levoume toda a tarde.

Despois de postear instalarei esta versión do Windows XP a ver que tal vai, espero que sexa máis estable e poder instalar o Microsfot Project que o necesito para entregar un traballo o luns... non vos imaxinades o atrasado que vou cos traballos e prácticas na universidade.

Chuzame! chuzame -

IaRRoVaWo VS Murphy (2)

7 abril 2007

A 33 horas da party quedei sen PC, o que faltaba. E todo por formatear e logo intentar instalar windows, algo que fixen moitas veces. O caso é que esta vez, despois de formatear e meter o CD de Windows XP, o ordenador dicía que non era capaz de cargar o ficheiro setuphdd.sys, e así con varios CDs (de Windows) distintos, con lectores distintos e con discos duros distintos. A cousa non ía. Incluso intentei instalar Ubuntu e Kubuntu (non podería xogar pero algo é algo), pero cando arrincaba o Live CD... kernel panic.

Menos mal que unha compañeira de clase que tamén asistía á party deixoume o seu portátil que se non non podería ir. Ao final todo ben, sen problema algún co portátil, menos mal...

Despois da party levei o PC á tenda e expliqueilles o que pasou... non me fixeron caso (pensaban que era problema do CD) e hoxe (sábado) por fin teño outra vez o PC na casa cun disco duro novo de 80xbs (aínda que non sei por que.. se o outro probeino e funciona ben... polo menos de esclavo) e supoño que cos drivers da placa base actualizados.

Todo isto dos ordenadores, será cousa do demo Murphy...

P.D.: Proximamente un post sobre a XGN.

Chuzame! chuzame -

IaRRoVaWo vs Murphy

25 marzo 2007

Non sei que lle fixen a Edward Murphy pero a alianza Murphy-Microsoft-Acer está acabando comigo.

Levo dende antes de fin de ano con problemas no portátil, non moi serios (o lector/gravador de CDs/DVDs) que me permitian traballar pero problemas igual... En xaneiro mandei o lector/gravador á fábrica e solucionaron o problema... pero viñeron máis problemas.

Despois de solucionar o problema do lector, as conexións USB comezaron a fallar e pouco despois comezou a fallar a bios. Durante máis dun mes tiven que presionar (e manter presionado) a parte que esta á dereita do touchpad e embaixo do teclado para que funcionase. O portátil quédabase parado literalmente, pausábase a pantalla e a circuiteria tamén, non procesaba nada, en cambio, pulsaba ahí e todo funcionaba normal.

Un mes enteiro (excepto na época de exames, que misteriosamente, todo funcionaba ben) facendo iso é moi incomodo, non traballas ben, bueno, non traballas directamente polo que ao día seguinte de rematar os exames envieino á fabrica. 16 ou 17 días despois (esta semana) xa o tiña de volta, cunha bios nova (do mesmo modelo).

Por fin respirei aliviado, supuxen que non habería problema, se ven de fábrica... ten que estar ben! Iluso de min... pensei que vencera a Murphy, pero non señor, aínda está aquí. Despois de dous minutos traballando co portátil a bios empeza a facer un ruido raro e zas! Pantallazo azul. E por moito que reiniciaba, ao minuto, 2 minutos, 5 minutos... o mesmo ruido e pantallazo azul. Ao día seguinte xa nin encendía, polo que agora está na tenda e o luns chamaránme e a ver que me din.

Fode moito, sobre todo para un informático, non ter o portátil a túa disposición. Xa é moito. Descoloca todos os plans e horarios (non poder levar a túa ferramenta de traballo á facultade) e é unha lata cargar co PC dende aquí ata Compostela... Ademáis agora que viña a XGN... quería levar o portátil.

En fin, se ides comprar un portátil pensadeo dúas veces antes de coller un Acer, non é boa marca.

Chuzame! chuzame -