Actualizando o teu feed

Tras un verán duro e ocupado veño outra vez por estes lares. Tomeime un verán moi de relax e ademáis organiceime fatal polo que ao final paseino un pouco mal á hora de estudar e facer o proxecto para setembro.

Din por ahí que se levas moito tempo sen bloguear no teu blog, o primeiro post que escribes á volta ten que ser especial. Sintoo, este non é un post especial, simplemente é un post para actualizar os vosos lectores de feeds e dicirvos que sigo vivo. A partir de agora supoño que poderei postear máis a miudo.

Pero é que agora… xa rematei todo e agora estou de vacacións! O que ven a significar que non teño que poñer a alarma para espertarme a ningunha hora.

Pronto marcharei a Helsinki (de viaxe) e comezará o curso pero non me queixo deste verán, sobre todo pola visita ao Aquapark de Cerceda, pola carreira de Karts en Santa Comba e polo novo CD de Manu Chao.

Même: recoméndame blogs

Última semana de clases, xa case están ahi os exames e eu estou a tope de prácticas e traballos que entregar. Non teño tempo para case nada e menos para postear. Quería dar a miña opinión sobre as eleccións e tamén falar dalgún outro tema, pero vai ser que non podo. Por iso vos deixo cun même de recordar blogs que recollo de Marcus e de 7 minutos antes de medianoche.

O même consiste en recomendar blogs, os que queiras e polo motivo que queiras, facendo unha pequena explicación.

  • Videoblog de Joan Planas: Un videoblog con catro canles, onde destaco especialmente a canle de Tengo 1 pregunta, onde Joan Planas e o seu equipo (Cristina) saen á rúa de Barcelona para preguntarlle á xente a pregunta máis votada da súa web.
  • Versvs’ Blog: Un blog con noticias e moi bos artigos sobre privacidade, dereitos, RFID, software libre, etc. Porque 1984 está máis preto do que pensamos, un blog para enterarse das cousas malas que o goberno e os bancos non nos van dicir.
  • Ion Litio: O blog máis friki que coñezo pero que ademáis de ser un blog friki ten boas historias e curiosidades. Un blog imprescindible para esa xente que naceu en calquera ano da década dos 80 (1989 incluido).
  • Alberto Montt: Este é un blog ou fotolog (segundo o interpretes ti..) que descubrín hoxe, pero non podo deixar de reocmendalo xa que as viñetas que pón son boisimas. Ademáis parece que actualiza amiudo.
  • Trebellos: E Trebellos, por suposto ;-). Un blog sobre gadgets en galego, para estar informado de todo o que pasa no mundo dos aparatiños.

E estos son uns poucos blogs, hai moitisimos máis recomendables, pero hoxe apetecíame recomendar estos. Paso este même a quen lle apeteza recomendar blogs :-).

Frases das rúas

Nunca lichedes as frases que hai pintadas nas paredes das rúas ou nos baños públicos? Hai algunhas que son ben curiosas, outras graciosas e algunhas reflexan os teus ideais políticos.

E quen non mirando na internet, nalgunha revista ou nalgunha canción, non atopou algunha frase que simplemente lle gustou e pensou que sería bo compartilo co mundo enteiro?

Por iso creei o blog Frases das Rúas, para almacenar todas esas frases que por un motivo ou outro son especiais e merecen estar escrinas nas paredes das rúas, para que todo o mundo as vexan.

Meme, o porqué do nome do blog

Andrés pasoume un meme no que me pregunta polo nome deste blog. A verdade é que últimamente estaba pensando no porqué de Estrela Negra, coido que nin eu o sei moi ben, hehe.

O meu primeiro blog (e o seguinte) titularonse O Weblog de IaRRoVaWo (que orixinal!), até que un día deixei de bloguear. Pero esas veces que deixas de bloguear por falta de tempo, aburrimento ou por que non tes ganas, logo volves con máis ganas aínda, e eu tiña ganas de volver pero “cambiando de aires”, cun blog novo. Púxenme a buscar un novo nome (e servidor) e atopei Estrela Negra. O símbolo da estrela de cinco puntas, sen as connotacións políticas que leva, sempre foi un símbolo que me gustou, o utilizaba dacote para moitas cousas, e por iso elixin a estrela. O negro é unha das miñas cores favoritas e supoño que é por isto polo que elixin esta cor, pero o negro tamén representa máis, o negro é, ao meu modo de ver, unha cor de rebeldía, unha cor que está en contra das masas, unha cor de soidade. Pouco despois de crear o blog entereime de que a estrela negra tamén é un símbolo da anarquía, o cal non me disgustou, ao contrario. A unión da estrela e do negro deu o nome deste blog :).

Outros nomes que barallei foron rosa negra, estrela solitaria ou lonely star, e como curiosidade, á selección de futbol de Ghana chámanlle estrela negra.

Envio este “meme” a todos os que queiran explicar o nome do seu blog, pero en especial a Westopia, A Randeeira e a Nemeth.

Hi-dily-ho II

Levo 3 anos no blogomillo e xa estiven en 3 weblogs distintos, este xa é o cuarto e espero que sexa o derradeiro. Mudeime de bitacoras.com polos continuos problemas de servidor que sufría o meu blog e, últimamente, polos problemas dos feed.

Comecei a bloguear en maio do 2003 no servidor gratuito de lycos.es e co sistema de Blogger, a cousa foi ben e sen problemas pero pouco a pouco quitáronseme as ganas de bloguear e funo deixando. Volvín a ter ganas de bloguear e decidín cambiar, está vez comecei, precisamente, o 25 de xullo do 2004 no servidor de webcindario e cun CMS bo que atopara de casualidade pola rede. O weblog apenas durou 3 meses actualizado, mais medio ano despois deume outra vez por bloguear. Desta vez foi un 17 de maio de 2005 (xuro que non escollo as datas), decidín dárlle un novo ar ao blog polo que cambiei de servidor e de sistema para pasarme a bitacoras.com, e tamén troquei o nome do blog, chamándose Estrela Negra. Máis dun ano despois volvo a cambiar de sistema e de servidor, múdome á blogaliza polos problemas de bitacoras.com mais agardo que sexa a derradeira mudanza.

Grazas a zetxek decidínme polo WordPress, pero como non teño tempo para montarme o meu propio servidor vou probar a ver que tal é blogaliza.

3 anos e moitos cambios, non si? Non vos olvidedes de actualizar a URL e os feed!

P.D.: Hi-dily-ho é o que di Ned Flanders en versión orixinal. En España é traducido por Hola holita.