Qué virá despois da Web 2.0?
21 Xaneiro 2008Se antes tíñamos a web 1.0 e agora temos a web 2.0... que será o seguinte?
Pois o que virá será a Web 3.0 :). Que non será outra cousa que a suma da web semántica máis a web 2.0. Polo menos isto é o que me quedou claro ao ir á xornada de Novas tendencias en Internet: web 3.0 organizadas pola USC.
Aínda que nadie se pon dacordo en definir o que é a web 2.0 todos podemos diferencia-la da web 1.0 (por chamar a pre-web 2.0 dalgún xeito). Na web 2.0 os usuarios poden editar o contido dunha web automáticamente dende o navegador, hai máis usuarios, popularizouse AJAX e parece que a web 2.0 é para usuarios e non para a información. As abundantes redes sociais (moitas delas inútiles ou irrelevantes), a cantidade de blogs e as chamadas aplicacións web son un claro exemplo do que pretendo explicar.
Pero... qué é a web semántica? A Wikipedia e a W3C o explican moi ben. Ben sendo algo así como a web para os ordenadores, nunha linguaxe na que a información será ben interpretada polas máquinas. É dicir, se estamos nunha web con información sobre restaurantes dunha determinada cidade, o noso ordenador saberá exactamente onde se atopa a cidade no mapa (país, comunidade, provincia...), saberá tamén que estamos a ver unha web sobre restaurantes e non terá problemas en saber cal é o número de teléfono de cada restaurante. Ata o de agora o navegador non fai máis que pór na pantalla o que os códigos html lle digan, na web semántica será quen de saber interpretalos.
Na miña opinión, como xa dixen, a suma destas dúas cousas será a Web 3.0, boa información coas vantaxes da web social.
chuzame -