Arquivo de 'Internet'

Qué virá despois da Web 2.0?

21 Xaneiro 2008

Se antes tíñamos a web 1.0 e agora temos a web 2.0... que será o seguinte?

Pois o que virá será a Web 3.0 :). Que non será outra cousa que a suma da web semántica máis a web 2.0. Polo menos isto é o que me quedou claro ao ir á xornada de Novas tendencias en Internet: web 3.0 organizadas pola USC.

Aínda que nadie se pon dacordo en definir o que é a web 2.0 todos podemos diferencia-la da web 1.0 (por chamar a pre-web 2.0 dalgún xeito). Na web 2.0 os usuarios poden editar o contido dunha web automáticamente dende o navegador, hai máis usuarios, popularizouse AJAX e parece que a web 2.0 é para usuarios e non para a información. As abundantes redes sociais (moitas delas inútiles ou irrelevantes), a cantidade de blogs e as chamadas aplicacións web son un claro exemplo do que pretendo explicar.

Pero... qué é a web semántica? A Wikipedia e a W3C o explican moi ben. Ben sendo algo así como a web para os ordenadores, nunha linguaxe na que a información será ben interpretada polas máquinas. É dicir, se estamos nunha web con información sobre restaurantes dunha determinada cidade, o noso ordenador saberá exactamente onde se atopa a cidade no mapa (país, comunidade, provincia...), saberá tamén que estamos a ver unha web sobre restaurantes e non terá problemas en saber cal é o número  de teléfono de cada restaurante. Ata o de agora o navegador non fai máis que pór na pantalla o que os códigos html lle digan, na web semántica será quen de saber interpretalos.

Na miña opinión, como xa dixen, a suma destas dúas cousas será a Web 3.0, boa información coas vantaxes da web social.

Chuzame! chuzame -

Todos somos Aduaneiros (sen fronteiras)

18 Outubro 2007

En apoio a unha das mellores webs galegas que houbo e haberá sempre.

Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras
Chuzame! chuzame -

Actualizando o teu feed

8 Setembro 2007

Tras un verán duro e ocupado veño outra vez por estes lares. Tomeime un verán moi de relax e ademáis organiceime fatal polo que ao final paseino un pouco mal á hora de estudar e facer o proxecto para setembro.

Din por ahí que se levas moito tempo sen bloguear no teu blog, o primeiro post que escribes á volta ten que ser especial. Sintoo, este non é un post especial, simplemente é un post para actualizar os vosos lectores de feeds e dicirvos que sigo vivo. A partir de agora supoño que poderei postear máis a miudo.

Pero é que agora... xa rematei todo e agora estou de vacacións! O que ven a significar que non teño que poñer a alarma para espertarme a ningunha hora.

Pronto marcharei a Helsinki (de viaxe) e comezará o curso pero non me queixo deste verán, sobre todo pola visita ao Aquapark de Cerceda, pola carreira de Karts en Santa Comba e polo novo CD de Manu Chao.

Chuzame! chuzame -

Época de exames

8 Xuño 2007

Agora que estamos na época de exames toca concentrarse e liberarse de calquera distración e como unha das maiores distracións, polo menos para min que estudio co portátil, é internet pois toca controlar o seu fluxo.

Para iso vou facer agora mesmo unhas cousas para que a tentación de conectarme e navegar por internet sexa mínima.

  • Establecer Google como páxina de inicio. Dígolle un ata logo a Netvibes, para que ao iniciar o firefox non perda tempo lendo os RSS que ahí teño.
  • Desactivar o Google Reader Watcher. Esta extensión para o firefox sempre che esta a avisar de que tes cousas por ler e é unha auténtica distración. Aparcarei a miña lectura habitual de blogs ata que remate a época de exames (o 6 de xullo). Agora o Google Reader está por 155... a saber como estará dentro dun mes.
  • Pasar webs e/ou weblogs que quero/teño que ler aos Marcadores. Ben sei que isto me distrairá, pero hai webs que leo por RSS no Netvibes ou no Google Reader e que por unha cousa ou outra terei que ler de vez en cando, polo que é mellor que garde as súas direccións nos marcadores do firefox e así non perdo tempo buscandoas xunto a todos os meus RSS, que iso si que me pode distraer moito.
  • Controlarme polo twitter. Seica hai xente que lle saca unha utilidade práctica a isto do twitter, e é controlarse á hora de traballar... algo así como obligarte a ti mesmo a escribir o que deberías estar a facer e facelo. Probareino a ver se este método funciona.
  • Borrar todo tipo de historial, opcións de formulario, etc. É unha tonteria pero vou pasar o CCleaner para así borrar os historiais do firefox, así cando teña que escribir unha URL na barra de direccións ou algo na búsqueda de google, non se me amosarán outras cousas que me poderían distraer... non sería a primeira vez que me pasa :-).

Estarei quasi-incomunicado ata que rematen os exames, para calquera cousa o mail :-).

Chuzame! chuzame -

Même: recoméndame blogs

2 Xuño 2007

Última semana de clases, xa case están ahi os exames e eu estou a tope de prácticas e traballos que entregar. Non teño tempo para case nada e menos para postear. Quería dar a miña opinión sobre as eleccións e tamén falar dalgún outro tema, pero vai ser que non podo. Por iso vos deixo cun même de recordar blogs que recollo de Marcus e de 7 minutos antes de medianoche.

O même consiste en recomendar blogs, os que queiras e polo motivo que queiras, facendo unha pequena explicación.

  • Videoblog de Joan Planas: Un videoblog con catro canles, onde destaco especialmente a canle de Tengo 1 pregunta, onde Joan Planas e o seu equipo (Cristina) saen á rúa de Barcelona para preguntarlle á xente a pregunta máis votada da súa web.
  • Versvs' Blog: Un blog con noticias e moi bos artigos sobre privacidade, dereitos, RFID, software libre, etc. Porque 1984 está máis preto do que pensamos, un blog para enterarse das cousas malas que o goberno e os bancos non nos van dicir.
  • Ion Litio: O blog máis friki que coñezo pero que ademáis de ser un blog friki ten boas historias e curiosidades. Un blog imprescindible para esa xente que naceu en calquera ano da década dos 80 (1989 incluido).
  • Alberto Montt: Este é un blog ou fotolog (segundo o interpretes ti..) que descubrín hoxe, pero non podo deixar de reocmendalo xa que as viñetas que pón son boisimas. Ademáis parece que actualiza amiudo.
  • Trebellos: E Trebellos, por suposto ;-). Un blog sobre gadgets en galego, para estar informado de todo o que pasa no mundo dos aparatiños.

E estos son uns poucos blogs, hai moitisimos máis recomendables, pero hoxe apetecíame recomendar estos. Paso este même a quen lle apeteza recomendar blogs :-).

Chuzame! chuzame -

Frases das rúas

1 Febreiro 2007

Nunca lichedes as frases que hai pintadas nas paredes das rúas ou nos baños públicos? Hai algunhas que son ben curiosas, outras graciosas e algunhas reflexan os teus ideais políticos.

E quen non mirando na internet, nalgunha revista ou nalgunha canción, non atopou algunha frase que simplemente lle gustou e pensou que sería bo compartilo co mundo enteiro?

Por iso creei o blog Frases das Rúas, para almacenar todas esas frases que por un motivo ou outro son especiais e merecen estar escrinas nas paredes das rúas, para que todo o mundo as vexan.

Chuzame! chuzame -

Problemas coa blogaliza

16 Xaneiro 2007

Este novo ano comezou cargado con cousas polas que bloguear pero por problemas técnicos non puiden acceder ao meu panel de control do blog.

Ao parecer o formulario de entrada en blogaliza.org tiña un erro que xa foi corrixido grazas a goretoxo.

Xa esta ahí a época de exames polo que haberá que poñerse as pilas, a ver se teño tempo de bloguear máis neste tempo.

Chuzame! chuzame -