Aqui estou!

Non, non estou viciando sen parar á Wii… se non postei ata agora e por culpa deses infortunios relacionados coa informática que sempre pasan e sempre pasarán.

Todo comezou xusto o día que entreguei o derradeiro proxecto deste cuadrimestre. Ese día fodeuseme o portátil misteriosamente polo que unha semana enteira sen conexión a internet na casa. Por culpa disto non puiden traballar e perdín moito tempo na facultade. Chegou o finde voltei para casa co PC e con internet… pero esperabame a Wii 😛 polo que tampouco tiven moito tempo hehe…

Esta semana trouxen o PC a Compostela para poder “traballar” pero os primeiros días tiven problemas misteriosos co adaptador wifi que se solucionaron misteriosamente sós o mércores.

Despois de “actualizarme” agora xa teño máis tempo e aínda que este finde non vou ter internet, pasáronme varias cousas que espero poder comentar… xa teño praza na XGN, teño unha Wii, descubrín Google Calendar, etc…

Procrastinando

Descubrín hai pouco que son procrastinado (aínda non sei como carallo se pronuncia) e sufro de procrastinación. E algo inculto tamén son porque sempre veo leo na blogosfera este palabro e pensaba que era algún tipo de broma (que eu non entendía) sobre o podcasting ou algo similar… supoño que sería porque as dúas palabras teñen un p, un o, vamos, que pra min comezan parecido.

O caso é que descubrín o outro día o que era. É algo así coma aplazar o que estas a facer, xa sexa un proxecto persoal, un proxecto do traballo, o que sexa, para facer outra cousa que se che acaba de ocurrir. E antes de rematar esa cousa que se che acaba de ocurrir, poste a facer outra cousa, e antes de rematar, comezas outra cousa…

Eu pensaba que isto pasábame só a min porque era moi vago, pero cando descubrín a procrastinación atopeime con que non era o único, que ao parecer é algo moi común en todas as persoas que “viven” (entre comiñas) na internet ou dos ordenadores e parece que é algo serio. Agora vou intentar ser menos procrastinado, organizarme mellor e intentar facer as cousas, senón este segundo cuadrimestre non vai ir moi ben…

Antes definiame como vago ou preguiceiro… agora me defino como procrastinado que soa máis friki :-).

Propósitos para o 2007

É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):

  • Adelgazar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
  • Aforrar.
  • Aprender esperanto.

Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!

Primeira semana

Acabaron as vacacións e tamén acabou a primeira semana de traballo. Polo momento vai todo ben, estou nun piso con 3 amigos con consolas e imos contratar internet.

As clases de 1º son case igual que as do ano pasado e as de 2º están mal, o problema é que por culpa do proceso de boloña vou ter que expoñer traballos en público e iso dáme algo de pánico, pero bueno, farase o que se poida. De momento comezo todo con calma e sen presa pero tamén sen pausa.

Nunha semana xa case aprendín a cociñar e a limpar e ao revés do que pensaba non é tan custoso.

Ate que non contratemos internet, temos problemas con R, non poderei postear moi amiudo.