Arquivo de 'IaRRoVaWo'

Sen tempo e sen organización

26 abril 2007

Ando metido en mil lios e aínda por riba chega a época de traballos e exames, o que fai que non teña todo o tempo desexado para adicarlle ao blog. Hai miles de cousas que non escribo e que non escribirei porque non teño tempo e xa pasaron de moda.

Bueno, máis que tempo, seguro que é unha mistura entre tempo, organización, procrastinación e preguiza. Isto é algo que quero solucionar, sobre todo agora que xa esta ahí a época de exames e se acumula todo.

Por iso, e despois de descubrir no blog de Andrés Milleiro o libro Organízate con eficacia (que parece que funciona) decidín mercalo aquí en Compostela. O libro ten moi boa pinta, de feito deixeillo unha tarde ao meu compañeiro de piso que leu un capítulo por enrriba e di que está bastante ben. Agardo que me axude.

Namentres podedes lerme nalgúns sitios para os que si teño tempo, ou non necesito tanto tempo como para este blog. Podedes lerme en Trebellos, o primeiro blog comercial sobre gadgets en galego, en Cornucopia, un blog colaborativo (aínda non está operativo), en Mocos Locos Mentales, un experimento de tumbleblog (a última moda!), e por suposto, podedes saber o que estou a facer no Twitter.

A ver de onde saco tempo para ler o libro!

Actualización: Olvidouseme comentar que tamén podedes lerme en Frases das rúas.

Chuzame! chuzame -

IaRRoVaWo VS Murphy (3)

14 abril 2007

Á cuarta irá a vencida? Non o sei e creo que tampouco quero sabe-lo.

Empezo a pensar que son gafe ou que hai un poltergeist na miña casa porque o que me pasa é máis raro que unha muller negra-musulmá-árabe-lesbiana-comunista presidenta dos Estados Unidos de América (levo tempo querendo dicir iso xD).

O portátil chegoume o venres e foi todo sen problemas, instalo programas, configuro, todo ben. O sábado pola mañá igual, todo ben... encendo o portátil, funciona ben pero o internet non ía. Era problema do router pero por si acaso reinicio e... misteriosamente xa non pasa da bios xDD... xa o tomo a risa. Ala, outra vez sen portátil. Dende febrero foi 2 veces á fábrica e aínda estou sen poder utilizalo...

Pero agarden, a cousa non acaba ahí. O PC de sobremesa funcionaba ben (e digo funcionaba) toda esta semana, e o venres inclusive, pero foi chegar o sábado á maña... e non carga Windows XP xDD. Xa nin me estrañou. En fin... os dous ordenadores que teño out of service misteriosamente. E non, eu non son das persoas que anda a trastos con eles ou que lles instala cousas raras e de dubidosa procedencia pero... Murphy miroume mal, que lle vou facer.

O do PC de sobremesa solucionouse formateando (perdin todas as descargas do eMule) pero o problema e que non tiña CD de Windows XP e misteriosamente nin Ubuntu nin Kubuntu querían instalarse. Atopei un CD de Windows XP Fenix Team que me deixara un amigo e instaleino, pero resulta que ese S.O. é unha merda, feo, inestable e aínda por riba teño o teclado desconfigurado. Instaleille o uTorrent e descarguei o Windows XP UE v6 recomendado por Andrés, o cal levoume toda a tarde.

Despois de postear instalarei esta versión do Windows XP a ver que tal vai, espero que sexa máis estable e poder instalar o Microsfot Project que o necesito para entregar un traballo o luns... non vos imaxinades o atrasado que vou cos traballos e prácticas na universidade.

Chuzame! chuzame -

A crise dos 20

18 marzo 2007

A crise dos 20 é a que teñen os nenos que sempre quixeron ser Peter Pan cando cumpren 20 anos.

Menos mal que teño o Zelda da Wii para non deprimirme :P.

Un bo ano grazas a ti.

Chuzame! chuzame -

Aqui estou!

9 marzo 2007

Non, non estou viciando sen parar á Wii... se non postei ata agora e por culpa deses infortunios relacionados coa informática que sempre pasan e sempre pasarán.

Todo comezou xusto o día que entreguei o derradeiro proxecto deste cuadrimestre. Ese día fodeuseme o portátil misteriosamente polo que unha semana enteira sen conexión a internet na casa. Por culpa disto non puiden traballar e perdín moito tempo na facultade. Chegou o finde voltei para casa co PC e con internet... pero esperabame a Wii :P polo que tampouco tiven moito tempo hehe...

Esta semana trouxen o PC a Compostela para poder "traballar" pero os primeiros días tiven problemas misteriosos co adaptador wifi que se solucionaron misteriosamente sós o mércores.

Despois de "actualizarme" agora xa teño máis tempo e aínda que este finde non vou ter internet, pasáronme varias cousas que espero poder comentar... xa teño praza na XGN, teño unha Wii, descubrín Google Calendar, etc...

Chuzame! chuzame -

Procrastinando

13 febreiro 2007

Descubrín hai pouco que son procrastinado (aínda non sei como carallo se pronuncia) e sufro de procrastinación. E algo inculto tamén son porque sempre veo leo na blogosfera este palabro e pensaba que era algún tipo de broma (que eu non entendía) sobre o podcasting ou algo similar... supoño que sería porque as dúas palabras teñen un p, un o, vamos, que pra min comezan parecido.

O caso é que descubrín o outro día o que era. É algo así coma aplazar o que estas a facer, xa sexa un proxecto persoal, un proxecto do traballo, o que sexa, para facer outra cousa que se che acaba de ocurrir. E antes de rematar esa cousa que se che acaba de ocurrir, poste a facer outra cousa, e antes de rematar, comezas outra cousa...

Eu pensaba que isto pasábame só a min porque era moi vago, pero cando descubrín a procrastinación atopeime con que non era o único, que ao parecer é algo moi común en todas as persoas que "viven" (entre comiñas) na internet ou dos ordenadores e parece que é algo serio. Agora vou intentar ser menos procrastinado, organizarme mellor e intentar facer as cousas, senón este segundo cuadrimestre non vai ir moi ben...

Antes definiame como vago ou preguiceiro... agora me defino como procrastinado que soa máis friki :-).

Chuzame! chuzame -

Propósitos para o 2007

2 xaneiro 2007

É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):

  • Adelgazar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
  • Aforrar.
  • Aprender esperanto.

Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!

Chuzame! chuzame -

Primeira semana

10 outubro 2006

Acabaron as vacacións e tamén acabou a primeira semana de traballo. Polo momento vai todo ben, estou nun piso con 3 amigos con consolas e imos contratar internet.

As clases de 1º son case igual que as do ano pasado e as de 2º están mal, o problema é que por culpa do proceso de boloña vou ter que expoñer traballos en público e iso dáme algo de pánico, pero bueno, farase o que se poida. De momento comezo todo con calma e sen presa pero tamén sen pausa.

Nunha semana xa case aprendín a cociñar e a limpar e ao revés do que pensaba non é tan custoso.

Ate que non contratemos internet, temos problemas con R, non poderei postear moi amiudo.

Chuzame! chuzame -