Novo ano, mesmos propósitos

Hai tempo que non entro por estos lares xa case me olvido que teño un blog. Bueno, ante todo feliz ano novo a todos. Nunca é tarde para desexarvos un ano novo repleto de humor e de utopías.

Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei.

Para este ano propóñome conseguir no 2008 estas cousas:

  • Aforrar
  • Adelgazar
  • Aprender esperanto
  • Aprender a tocar a guitarra
  • Sacar o carnet de conducir
  • Migrar completamente a un sistema GNU/Linux
  • Escribir máis no(s) blog(s)

A ver que tal…

En casa, despois dun viaxe no que pasou de todo

Xa estou descansando en casa despois das vacacións de 7 días por terras finesas. Paseino moi ben, e ademáis de visitar Helsinki tamén visitei Tallin (capital de Estonia). Nunha semana visitei 2 países, bueno, 4 países se contamos Portugal e España.

Pero este post non é para contarvos cousas de Helsinki e Tallin (que xa o farei), se non do viaxe de volta porque nos pasou case de todo.

Chegamos (eramos 5 persoas) ao aeroporto de Helsinki unha hora e media antes para facturar e sacar a tarxeta de embarque con tempo. E así o fixemos. Pero o avión chegou media hora ou 45 minutos con retraso o cal era un gran problema xa que facemos trasbordo en Barcelona. No avión collemos turbulencias ao chegar a Barcelona por mor da treboada.

En Barcelona só tiñamos unha hora para coller o outro avión pero xa tiñamos a tarxeta de embarque (sacámola en Helsinki) e as maletas van directas a Porto. Como o avión chegou con retrasó só tivemos 15 minutos para cambiar de terminal e coller o avión, aínda por riba tardaron 5 minutos de máis en encaixar a escaleira ao avión para que poideramos baixar. Coas bolsas de man pasamos o control policial e fumos correndo por todo o aeroporto de El Prat en busca da porta de embarque. Ao chegar alí o autobus que nos levaría ao avión xa marchara pero dixeronos que non había problema, que o avión agardaba por nos. Mostramos os nosos billetes pero coas presas e os nervos unha amiga miña perdera o seu (seguramente deixouno no control policial). Pensabamos que non iamos coller ese avión pero os que estaban na porta de embarque fixeron unhas comprobacións e deixaron pasar á miña amiga.

No avión collimos aínda máis turbulencias e, aínda por riba, a comida que nos deron non estaba rica. Chegamos tarde a Porto sen saber se nos ían vir buscar ou non porque en Barcelona non nos dera tempo a chamar a casa. O colmo de todo é que as nosas maletas non apareceron! Quedaron en Barcelona. Suporían que non nos ía dar tempo a coller o trasbordo en Barcelona e as deixaron alí. Menos mal que as envian a casa por unha empresa privada hoxe á tarde.

Só faltaba un ataque terrorista…

Época de exames

Agora que estamos na época de exames toca concentrarse e liberarse de calquera distración e como unha das maiores distracións, polo menos para min que estudio co portátil, é internet pois toca controlar o seu fluxo.

Para iso vou facer agora mesmo unhas cousas para que a tentación de conectarme e navegar por internet sexa mínima.

  • Establecer Google como páxina de inicio. Dígolle un ata logo a Netvibes, para que ao iniciar o firefox non perda tempo lendo os RSS que ahí teño.
  • Desactivar o Google Reader Watcher. Esta extensión para o firefox sempre che esta a avisar de que tes cousas por ler e é unha auténtica distración. Aparcarei a miña lectura habitual de blogs ata que remate a época de exames (o 6 de xullo). Agora o Google Reader está por 155… a saber como estará dentro dun mes.
  • Pasar webs e/ou weblogs que quero/teño que ler aos Marcadores. Ben sei que isto me distrairá, pero hai webs que leo por RSS no Netvibes ou no Google Reader e que por unha cousa ou outra terei que ler de vez en cando, polo que é mellor que garde as súas direccións nos marcadores do firefox e así non perdo tempo buscandoas xunto a todos os meus RSS, que iso si que me pode distraer moito.
  • Controlarme polo twitter. Seica hai xente que lle saca unha utilidade práctica a isto do twitter, e é controlarse á hora de traballar… algo así como obligarte a ti mesmo a escribir o que deberías estar a facer e facelo. Probareino a ver se este método funciona.
  • Borrar todo tipo de historial, opcións de formulario, etc. É unha tonteria pero vou pasar o CCleaner para así borrar os historiais do firefox, así cando teña que escribir unha URL na barra de direccións ou algo na búsqueda de google, non se me amosarán outras cousas que me poderían distraer… non sería a primeira vez que me pasa :-).

Estarei quasi-incomunicado ata que rematen os exames, para calquera cousa o mail :-).

Como van os propósitos do 2007?

Xa estamos no ecuador do ano e eu, como a maioria da xente, fixen uns propósitos que quero/pretendo cumprir ao longo deste ano. Pero… despois de 6 meses (a metade dun ano) como van estes propósitos?

Pois ben, un desastre. Coma case todos, supoño, marqueime uns propósitos pero non dou cumplido case ningún, pero bueno, inténtase.

  • Adelgazar.
    Adelgazar adelgacei, todo o mundo mo di, grazas a que vou (pouco pero vou) ao ximnasio e fago exercicio. Pero aínda así non estou no peso que me gustaría estar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
    Fatal! Non so non uso a cotío GNU/Linux, se non que o uso menos ca antes. De feito agora só teño unha partición con Windows… pero bueno, non é culpa miña, é culpa de todos os problemas que tiven cos ordenadores e coa falta de tempo que teño agora para instalar Ubuntu, pero prometo que ao chegar as vacacións métome de cheo con Ubuntu.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
    Nada, non sento ben nin para atrás xD. A verdade é que debín de intenta-lo só os primeiros días de xaneiro… o resto xa non. Son un desastre.
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
    Menos vago non son e tampouco estou menos estresado pero o que si conseguín foi grazas ao libro Organízate con Eficacia (GTD) é traballar máis. É dicir, grazas a ese libro agora fago máis cousas, traballo máis, aínda que sigo igual de estresado. Algo é algo.
  • Aforrar.
    A verdade é que si que conseguín aforrar un chisco. Teño unha Wii e se cadra chega pronto unha cámara dixital, pero bueno, a ver se consigo aforrar máis e mercar todas as cousas da miña wishlist xD.
  • Aprender esperanto.
    Nin o intentei, pero quero facelo. Agardarei ao verán cando teña máis tempo.

Quedán 6 meses para que remate o ano e aínda quedan moitas cousas por facer… pero bueno, aínda quedan 6 meses, e se non… pois para o ano que ven :-).

Chef IaRRoVaWo

Encántame experimentar na cociña, facer receitas propias. Os que me coñecen xa o saben e por iso poucas veces me deixan cociñar… pero cando teño que cociñar para min só teño que aproveitar.

As miñas receitas fánse simplemente co que hai na cociña e sorpendentemente saben ben, ou polo menos a min sabenme ben. Algún día recopilareinas e poreille un copyright :-).

Pero como son bo, vou explicar aqui a receita que acabo de cear. Esta é unha receita especial para macarróns (sempre son macarróns…) e é moi fácil:

  • Enchemos unha pota de auga e poñémo-la a ferver.
  • Botámoslle aceite e sal.
  • Deseguido, e antes de que ferva, botamos perexil e avecren.
  • Seguimos botando aceitunas (sí! aceitunas!).
  • Despois botamos un pouquiño de pan raiado e opcionalmente tamén podemos botar calquera cousa que atopemos pola cociña.
  • Botámos un chorro de cervexa.
  • E removemos de vez en cando mentres a auga non ferva.
  • Cando a auga ferva metemos os macarróns.
  • Despois de 10 minutos removendo de vez en cando, xa temos os nosos macarróns!

Aínda que non o creades sigo vivo e estaban riquisimos!

Sen tempo e sen organización

Ando metido en mil lios e aínda por riba chega a época de traballos e exames, o que fai que non teña todo o tempo desexado para adicarlle ao blog. Hai miles de cousas que non escribo e que non escribirei porque non teño tempo e xa pasaron de moda.

Bueno, máis que tempo, seguro que é unha mistura entre tempo, organización, procrastinación e preguiza. Isto é algo que quero solucionar, sobre todo agora que xa esta ahí a época de exames e se acumula todo.

Por iso, e despois de descubrir no blog de Andrés Milleiro o libro Organízate con eficacia (que parece que funciona) decidín mercalo aquí en Compostela. O libro ten moi boa pinta, de feito deixeillo unha tarde ao meu compañeiro de piso que leu un capítulo por enrriba e di que está bastante ben. Agardo que me axude.

Namentres podedes lerme nalgúns sitios para os que si teño tempo, ou non necesito tanto tempo como para este blog. Podedes lerme en Trebellos, o primeiro blog comercial sobre gadgets en galego, en Cornucopia, un blog colaborativo (aínda non está operativo), en Mocos Locos Mentales, un experimento de tumbleblog (a última moda!), e por suposto, podedes saber o que estou a facer no Twitter.

A ver de onde saco tempo para ler o libro!

Actualización: Olvidouseme comentar que tamén podedes lerme en Frases das rúas.

IaRRoVaWo VS Murphy (3)

Á cuarta irá a vencida? Non o sei e creo que tampouco quero sabe-lo.

Empezo a pensar que son gafe ou que hai un poltergeist na miña casa porque o que me pasa é máis raro que unha muller negra-musulmá-árabe-lesbiana-comunista presidenta dos Estados Unidos de América (levo tempo querendo dicir iso xD).

O portátil chegoume o venres e foi todo sen problemas, instalo programas, configuro, todo ben. O sábado pola mañá igual, todo ben… encendo o portátil, funciona ben pero o internet non ía. Era problema do router pero por si acaso reinicio e… misteriosamente xa non pasa da bios xDD… xa o tomo a risa. Ala, outra vez sen portátil. Dende febrero foi 2 veces á fábrica e aínda estou sen poder utilizalo…

Pero agarden, a cousa non acaba ahí. O PC de sobremesa funcionaba ben (e digo funcionaba) toda esta semana, e o venres inclusive, pero foi chegar o sábado á maña… e non carga Windows XP xDD. Xa nin me estrañou. En fin… os dous ordenadores que teño out of service misteriosamente. E non, eu non son das persoas que anda a trastos con eles ou que lles instala cousas raras e de dubidosa procedencia pero… Murphy miroume mal, que lle vou facer.

O do PC de sobremesa solucionouse formateando (perdin todas as descargas do eMule) pero o problema e que non tiña CD de Windows XP e misteriosamente nin Ubuntu nin Kubuntu querían instalarse. Atopei un CD de Windows XP Fenix Team que me deixara un amigo e instaleino, pero resulta que ese S.O. é unha merda, feo, inestable e aínda por riba teño o teclado desconfigurado. Instaleille o uTorrent e descarguei o Windows XP UE v6 recomendado por Andrés, o cal levoume toda a tarde.

Despois de postear instalarei esta versión do Windows XP a ver que tal vai, espero que sexa máis estable e poder instalar o Microsfot Project que o necesito para entregar un traballo o luns… non vos imaxinades o atrasado que vou cos traballos e prácticas na universidade.