En contra da natureza?
4 novembro 2006
Leo n'A Randeeira que no Museo de Historia Natural de Oslo apresentouse unha exposición fotográfica de máis de 1.500 animais con tendencias homosexuais ou bisexuais. Os organizadores afirman que a homosexualidade animal é moi común e moi extendido no mundo animal, desbotando a idea de que a homosexualidade nos homes é anti-natura.
Quen non viu un can macho fodendo (ou intentandoo) con outro can macho? Ao parecer comportamentos como este non son tan extraños no mundo animal e polo tanto tampouco son (ou deberían de ser) extraños nas persoas. Faime graza como a igrexa, os dereitistas e a xente escrava da sociedade é contraria á homosexualidade explicando que este fenómeno é contrario á natureza. A homosexualidade non é anti-natura, o anti-natural (por chamalo dalgun xeito) é a procreación (obter descendencia) entre dúas persoas do mesmo xénero pola simple razón de ser imposíbel (de momento). O que non é anti-natural é o amor e ahí cada persoa ama a quen lle pete, sexa home, sexa muller ou sexa calquera cousa.
Despois de ver a nova desta exposición, eu teño unha pregunta para eses que defenden que a homsexualidade e bisexualidade é anti-natura:
Que é máis anti-natural, un homsexual ou unha virxe que pariu un fillo?
chuzame -