Arquivo de 'Helsinki'

Suomi, alá vou!

17 setembro 2007

Hoxe á madrugada (4:00 am de mañá) marcho para Porto a coller un voo que me levará, primeiro a Barcelona e finalmente a Helsinki.

É a primeira vez que viaxo en avión e teño moitas ganas non estou moi nervioso agora mesmo pero sei que cando suba ao avión estarei algo nervioso... levo un libro (No Logo) e o Tetris para entreterme :-).

Unha semaniña que pasarei fora da casa por terras finesas, e quen sabe, quizais tamén visite Tallin ou San Ptersburgo que quedan preto de distancia, aínda que algo lonxe de tempo de traxecto. Xa veremos.

Intentarei sacar moitas fotografías e pasalo ben. A verdade é que non coñezo nada de Helsinki e non sei que ver, menos mal que temos unha guía persoal.

Chuzame! chuzame -

Helsinki, Helsingfors, Helseet… Hel!

1 agosto 2007

Este setembro é posible que me escape uns días a Helsinqui a visitar a unha amiga que estará de erasmus por alá.

Como é normal antes de mercar o billete e praparar o viaxe informome na wikipedia sobre a capital de Finlandia, co cal descubrín que esta no sur de Finlandia (ben! menos frio!), usan o euro (xa o supoñía), forma unha area metropolitana cos municipios cercanos que chega a ter 1'3 millóns de habitantes (é grande!), o aeroporto internacional está a 19 km do centro (non esta lonxe!) e tamén ten metro, tranvías e autobuses con rutas dentro da área metropolitana (boa comunicación!).

Pero o que máis me chamou a atención é o nome da cidade e o dominio da páxina web oficial. Como sabedes, Finlandia ten dous idiomas oficiais, o suomi (ou finés) e o sueco, ademáis destes tamén se fala no norte o sami (ou lapón).

Polo tanto, Helsinqui ten dous nomes oficiais. O nome orixinal é Helsingfors (en sueco) xa que foi fundada por suecos, pero o nome coa que se coñece internacionalmente é Helsinki (en suomi). Temos dous nomes oficiais (Helsinki e Helsingfors) para unha única cidade... qué facer co seu dominio en internet?

O normal que farian en moitos sitios é ter dous dominios: www.helsinki.fi e www.helsingfors.fi. Pero como en Finlandia son moi listos aforranse un dominio e a páxina web oficial da cidade é www.hel.fi. Toman a parte común do nome en ambos idiomas. O que para moitos pode ser unha anécdota para min é unha mostra de como os idiomas son para comunicar e non para separar.

Chuzame! chuzame -