Como organizar as fotos?

Coa nova cámara compacta que adquirin e a cantidade de fotografías que teño me xorde un problema que tiña un pouco avandonado… Como organizar as miñas fotografías?

O primeiro de todo é buscar unha páxina web que organice as fotografías que quero publicar. Ten que ser unha web que me permite poñerlle comentarios ás fotos, etiquetas, organizalas por albúms e coleccións (de albumes) e sobre todo que permita escoller a min a licenza que lle quero poñer ás fotografías.

A única que coñezo probei é Flickr, e estou moi agusto alí. Permíteme facer todo o que quero coas fotos que me gustaría publicar e ademáis é moi popular. Alguén coñece algunha web mellor? Está Picasa e outras máis pero penso que non aportan nada novo.

O segundo aspecto é a organización off-line, no ordenador. Este, quizais, é o tema máis importante. Preciso dun software (ou quizais non) para organizar as miñas fotografías. Tanto as fotos que saquei eu como as que non saquei (dos amigos e tal..), ten que me permitir facer albumes, coleccións (de albumes), poñer etiquetas, previsualizar as imaxes, enviar as imaxes que queira a Flickr (ou á outra web que escolla), retocar algunhas imaxes (ollos vermellos, etc.), facilidade para crear CDs, DVDs de imaxes, e sobre todo, isto é o máis importante, que garde de forma sinxela e clara as fotos (refírome á forma física, os ficheiros e os cartafoles) e que sexa multiplataforma (GNU/Linux e Windows).

Non probei ningún e pódese dicir que non coñezo ningún. Sei do F-Spot para GNU/Linux que seica é bastante bo e do Picasa para Windows. Supoño que me decantarei por Picasa polo tema da multiplataforma. Terei que probalos.

Xa vos contarei como me foi cando organice a cantidade de fotografías que teño.

Everyday

Noah Kalina é un fotografo estadounidense que un bo día de 2000 tivo a brillante idea de fotografar a súa propia cara cada día.

Dende o 11 de xaneiro do 2000 e baixo o título de Noah K Everyday leva tirado milleiros de fotos da súa propia cara e aínda non rematou, non ten data de remate. Despois de 6 anos fixo un video con todas as fotos sacadas nese período. É curioso e abraiante ver como vai cambiando o peiteado, a roupa, o fondo, pero a súa mirada segue a ser a mesma. Din que os ollos son o espello da alma e esta pode ser a proba de que aínda que pase o tempo, un segue a ser un mesmo.

[gv data=”6B26asyGKDo” width=”340″ height=”277″][/gv]

Encantame esta idea e vou tentar facer o mesmo. Baixo o proxecto face intentarei tirar unha foto da miña cara cada día sen ter en conta a cámara, onde estea, a roupa que leve, e mesmo sen ter en conta a hora en que a saco. A ver canto duro.

A cara do chapapote

Hai un ano, en xullo do 2005, tirei esta foto na Illa de Ons. Andabamos de expedición pola illa, concretamente pola punta Centulo, que nesa época estaba fechada aos turistas (pero nos non o sabíamos). Estabamos/Estamos horrorizados por ver as manchas do chapapote, e de súpeto, ao bordear unha gran rocha, estaba alí, mirando pra nós. A cara do chapapote. A cara do sufrimento e da impotencia. Non vós recorda a alguén?

A cara do chapapote