Arquivo de 'Exames'

Xa están aquí…

11 Xaneiro 2008

Xa case están aqui os exames e xunto coas prácticas e traballos vai ser unha época dura. Por iso, como fixen o curso pasado, vou tomar algunhas medidas para non distraerme en exceso:

  • Borrar moi de vez en cando as cookies, historial, etc. do navegador.
    Así evito ver que foi o último que busquei en google xa que estará borrado o historial dos formularios...
  • Desactivar o Google Reader Watcher.
    Non volverei (até o fin dos exames) a ver os feeds que teño no Google Reader, ao desactivar este plugin de Firefox xa non haberá nada que me indique os feeds que teño por ler.
  • Cambiar as páxinas de inicio do meu navegador.
    Quitarei a Netvibes e pórei a Google | Simple GTD | Google Calendar | Twitter.
  • Meterei nos marcadores do navegador algunhas webs necesarias
    Para non perder tempo buscando o enderezo dalgunhas webs que si necesitarei visitar nalgún momento as meterei nos marcadores.
  • Controlarme polo Twitter.
    Moitos din que o Twitter sirve para controlarse á hora de traballar. Pórei o que vou facendo que será (iso espero) o que teño que facer.

E agora só falta o máis importante... traballar e estudar.

Chuzame! chuzame -

Vacacións!

15 Setembro 2006

Por fin estou de vacacións. Xa remataron os exames e estar toda a tarde na biblioteca. Por fin podo durmir!

Dende principios de agosto fun todos os días á biblioteca (agás sabados e domingos que estudaba na casa) pola mañá e máis pola tarde. Todo iso pra estudar 3 asignaturas, das cales aprobei unha, suspendín outra e falta por saber a nota do exame que fixen onte. Agora teño 16 días, ben merecidos penso eu, pra facer o que me veña en gana.

Canto tempo esperando este día!

Chuzame! chuzame -

Setembro!

4 Setembro 2006

Chega setembro e chega a diversión, é dicir chegan os exames! Hoxe mesmiño tiven un, dunha asignatura chamada Teoría de Automatas e Linguaxes Formais I que ven sendo algo así como o que pode facer teoricamente un ordenador e como funcionan os buscadores. Non lle atopo moita utilidade práctica a isto, facemos cousas que non vexo que sexan útiles, pero bueno... hai que dá-la...

Estudei todo este vrán para esta asígnatura e dúas máis, pero esta ao ser a primeira é a que mellor levo. A asignatura, en sí, non ten porque ser moi difícil pero o exame abofé que o foi. Contestei a todo, máis ou menos, pero sen estar seguro de si o teño ben ou mal, non sei que poderei sacar.

Agora só queda esperar pola nota e estudar o seguinte exame.

P.D.: Este mes e máis xuño deberían estar prohibidos.

Chuzame! chuzame -