Arquivo de 'Estudos'

Xa están aquí…

11 Xaneiro 2008

Xa case están aqui os exames e xunto coas prácticas e traballos vai ser unha época dura. Por iso, como fixen o curso pasado, vou tomar algunhas medidas para non distraerme en exceso:

  • Borrar moi de vez en cando as cookies, historial, etc. do navegador.
    Así evito ver que foi o último que busquei en google xa que estará borrado o historial dos formularios...
  • Desactivar o Google Reader Watcher.
    Non volverei (até o fin dos exames) a ver os feeds que teño no Google Reader, ao desactivar este plugin de Firefox xa non haberá nada que me indique os feeds que teño por ler.
  • Cambiar as páxinas de inicio do meu navegador.
    Quitarei a Netvibes e pórei a Google | Simple GTD | Google Calendar | Twitter.
  • Meterei nos marcadores do navegador algunhas webs necesarias
    Para non perder tempo buscando o enderezo dalgunhas webs que si necesitarei visitar nalgún momento as meterei nos marcadores.
  • Controlarme polo Twitter.
    Moitos din que o Twitter sirve para controlarse á hora de traballar. Pórei o que vou facendo que será (iso espero) o que teño que facer.

E agora só falta o máis importante... traballar e estudar.

Chuzame! chuzame -

A USC queda sen seguratas

5 Febreiro 2007

A USC vai despedir 30 de 40 seguratas (é algo bo ou malo?) e xa se ven os efectos:

xD. Foto tirada en fronte da facultade de Bioloxía e Matemáticas na USC.

Chuzame! chuzame -

Oracle

3 Novembro 2006

Oracle é a compañia lider das base de datos. Teñen 56.000 empregados en 145 paises e 1'6 millóns de clientes en todo o mundo, que se di rapido. Para moitos a súa base de datos é a mellor pero non so se adican a iso, tamén dan servizo ás empresas facendo todo o software relacionado con base de datos como por exemplo servidores web. Realmente os produtos que ofrece esta compañia son bos e seguramente sexas os mellores no seu eido. Tiven a sorte de que viñeran dar un seminario de dous días (de 9 a 2:30) á miña facultade e quedei impresionado co que fan e co seu nivel de profesionalidade.

O primeiro día fixeronos unha pequena introdución de Oracle Corporation para logo falarnos dos diferentes programas que ofrecen ás demáis empresas e unha pequena simulación dalgúns. O derradeiro día falounos especialmente da base de datos, o prato forte da compañía, e tamén fixeron unha pequena simulación dela. O seminario foi aburrido nalgunhas partes porque parecía que estaba orientado ás empresas grandes que precisan de base de datos e nos, os asistentes ao seminario, somos estudantes de informática que queríamos saber un pouco por riba como é unha compañía de base de datos e que fan os seus produtos e non como funciona cada un dos programas. Por asistir dánnos un certificado de Oracle e entramos na bolsa de emprego de Oracle, que por certo, seica lles é dificil conseguir novos empregados.

Chuzame! chuzame -

Primeira semana

10 Outubro 2006

Acabaron as vacacións e tamén acabou a primeira semana de traballo. Polo momento vai todo ben, estou nun piso con 3 amigos con consolas e imos contratar internet.

As clases de 1º son case igual que as do ano pasado e as de 2º están mal, o problema é que por culpa do proceso de boloña vou ter que expoñer traballos en público e iso dáme algo de pánico, pero bueno, farase o que se poida. De momento comezo todo con calma e sen presa pero tamén sen pausa.

Nunha semana xa case aprendín a cociñar e a limpar e ao revés do que pensaba non é tan custoso.

Ate que non contratemos internet, temos problemas con R, non poderei postear moi amiudo.

Chuzame! chuzame -

Vacacións!

15 Setembro 2006

Por fin estou de vacacións. Xa remataron os exames e estar toda a tarde na biblioteca. Por fin podo durmir!

Dende principios de agosto fun todos os días á biblioteca (agás sabados e domingos que estudaba na casa) pola mañá e máis pola tarde. Todo iso pra estudar 3 asignaturas, das cales aprobei unha, suspendín outra e falta por saber a nota do exame que fixen onte. Agora teño 16 días, ben merecidos penso eu, pra facer o que me veña en gana.

Canto tempo esperando este día!

Chuzame! chuzame -

Setembro!

4 Setembro 2006

Chega setembro e chega a diversión, é dicir chegan os exames! Hoxe mesmiño tiven un, dunha asignatura chamada Teoría de Automatas e Linguaxes Formais I que ven sendo algo así como o que pode facer teoricamente un ordenador e como funcionan os buscadores. Non lle atopo moita utilidade práctica a isto, facemos cousas que non vexo que sexan útiles, pero bueno... hai que dá-la...

Estudei todo este vrán para esta asígnatura e dúas máis, pero esta ao ser a primeira é a que mellor levo. A asignatura, en sí, non ten porque ser moi difícil pero o exame abofé que o foi. Contestei a todo, máis ou menos, pero sen estar seguro de si o teño ben ou mal, non sei que poderei sacar.

Agora só queda esperar pola nota e estudar o seguinte exame.

P.D.: Este mes e máis xuño deberían estar prohibidos.

Chuzame! chuzame -