Pon unha libreta na túa vida

Hai xa 2 anos que teño unha libreta. Si, unha libreta pequena que me debería acompañar a todos os lados (pero que non o fai). Unha libreta para anotar nela toda a miña creatividade (se é que teño algunha), debuxos, historias, ideas, frases… Todo!

Todo comezou en maio de 2005 cando merquei o primeiro número da revista GRAFF NATION, unha revista de graffitis que regalaba un spray. O que me interesaba era o spray pero ollando os graffitis que traia a revista atopei un texto que me chamou moito a atención:

” No se tomen nada serio

disfruten.. gasten solo lo necesario y relájense..
no hace falta que lean mas si esto no les agrada..
lo comprendo.. si yo no fuera yo.. no me gustaría.

no me aguantaría.

yo se hacer alguna cosa.. cuando las primaveras vienen… el resto del año invierno en una cueva entre músicas, libros y revistas de extraterrestres…

las cosas que hago son.
a secas.
no pretendo nada mas.
solo ser.. y poder crear cosas que sean por si mismas.

Hagánme caso (si quieren)…… compren un cuadernito para escribir y dibujar cosas en él.. no se excedan con el tamaño, (si no la primavera de inspiraciones les pasará factura en los brazos)..

y dibujen.. escriban.. trozeen las hojas y regalenselas a sus seres mas queridos (en el afortuando caso de que tengan),
se lo agradecerán..
que no os preocupe si el trazo es gordofino, o ancholargo.. eso no tiene la menor importancia….
simplemente respiren sean uno con lo que hagan y ya verán que divertido.
los árboles jugarán con ustedes.

y después…
jeje
después hará frio.. o lloverá o nevará.. o mil demonios les esperarán en el trabajo..
o detrás de una esquina para pegarles palizas por no tener su piel, pero ustedes tendrán un secreto… una existencia en algún bolsillo.

una existencia de verdad.

y eso.. es mucho.

quizás demasiado. ”

JERE (hombre viento)

Poucos días despois merquei unha libreta cuadriculada normal e corrente pero máis pequena do normal. Ao principio levabaa a case todos os sitios e anotaba cousas, pero co paso do tempo cada vez a usaba menos por dous motivos principais: Non me collía nos petos e cada vez que andaba con ela desgastábase.

Aínda así anotei moitas cousas: Chistes, debuxos, frases celebres (feitas por min), dúas ideas para curtametraxes, ideas para unha historia, escudos para o meu ex-equipo de hattrick, unha idea para un anuncio…

Agora merquei unha Moleskine, unha libreta xa pensada para estas cousas que pode que moitos xa a coñezades. É ideal porque ten a tapa dura, ten unha goma para que sexa compacta e ademáis é pequena polo que me cabe no peto. Levo dous días con ela, pero xa ten unhas ideas para un futuro xogo de rol que pretendo/quero crear.