Chef IaRRoVaWo
3 Maio 2007Encántame experimentar na cociña, facer receitas propias. Os que me coñecen xa o saben e por iso poucas veces me deixan cociñar... pero cando teño que cociñar para min só teño que aproveitar.
As miñas receitas fánse simplemente co que hai na cociña e sorpendentemente saben ben, ou polo menos a min sabenme ben. Algún día recopilareinas e poreille un copyright :-).
Pero como son bo, vou explicar aqui a receita que acabo de cear. Esta é unha receita especial para macarróns (sempre son macarróns...) e é moi fácil:
- Enchemos unha pota de auga e poñémo-la a ferver.
- Botámoslle aceite e sal.
- Deseguido, e antes de que ferva, botamos perexil e avecren.
- Seguimos botando aceitunas (sí! aceitunas!).
- Despois botamos un pouquiño de pan raiado e opcionalmente tamén podemos botar calquera cousa que atopemos pola cociña.
- Botámos un chorro de cervexa.
- E removemos de vez en cando mentres a auga non ferva.
- Cando a auga ferva metemos os macarróns.
- Despois de 10 minutos removendo de vez en cando, xa temos os nosos macarróns!
Aínda que non o creades sigo vivo e estaban riquisimos!
chuzame -