A piratería é culpa deles

O outro día fun ao cine a ver El Perfume, unha boa película basada nunha novela do mesmo nome. O caso é que tiven que entrar no cine coas mans en alto, atracaranome. Si, éque non se lle pode chamar doutro xeito a que me cobren 6’10€ por ir ao cine.

Eu recordo cando antes ía ao cine, nos multicines de Pontevedra, por 300 pesetas e xa era moito. Tamén recordo que coa chegada do euro os cines de Vialia de Pontevedra, antes Lauren e agora CineBox, custaban 3 ou 4 euros aproximadamente. Pouco a pouco foi subindo… 5€, 5’30€… até 6’10€. Entendo que o prezo dos cines de Vialia sexa maior que o prezo dos multicines, xa que as salas, o son e a calidade do video é moito maior… pero chegar a estos prezos xa é case ilegal.

Como queren que o paguemos? Non todos podemos, sobre todo os xovenes que non traballamos e non temos fontes de ingreso (sen contar a familia). Eu, coma tantos outros que van ao cine en Pontevedra, non son de Pontevedra capital e, como na miña vila non hai cine, teño que coller un autobus para poder disfrutar do 7º arte. O bus custa 1’15€ por viaxe (por certo, antes do euro custaba menos de 100 pesetas) o que supón 2’30€ ida e volta. Non acostumo a mercar nen bebida nen flocos de millo nen nada polo estilo porque os prezos son abusivos pero pode haber algún día que tes fame ou tes o antoxo de flocos de millo. A última vez que fun ao cine coa miña moza mercamos unha de flocos de millo pequena, unha pepsi pequena e un botellín de auga, todo iso sumou 7€. Xa levamos un total de 9’30€ e sen a entrada.

Unha tarde no cine pode sairme por 15’40€! unhas 2500 das antigas pesetas, cando antes por menos de 500 pesetas facía o mesmo. E logo queren que non pirateemos… con estes prezos, con sorte, eu só podo ir ao cine cando hai unha película que verdadeiramente valla a pena.

Estou certo que todo o mundo prefire ver as películas no cine antes que no ordenador ou na TV, pero tamén estou certo que non todo o mundo pode permitirse ver todas as películas que quere no cine e a solución e baixalas da mula. Por exemplo, das películas que están agora en carteleira quero ver Arthur y los Minimoys, Colegas en el bosque, Eragon, Happy feet. Rompiendo el hielo e Ratonpolis. De todas esas películas non vou ir ver ningunha por culpa do prezo, se cadra vou ir ver Mia Sarah cando saia.

Hijos de los hombres

Ano 2027, o mundo está destruido polas guerras nucleares agás Gran Bretaña, todas as mulleres son fertiles a causa dos raios uva e a radioctividade, e o último humano naceu no 2009. Este é o mundo onde se desenrola Hijos de los hombres, película de Alfonso Cuarón.

Este, para min, estupendo filme é unha crítica a esta sociedade que está fabricando o principio do fin da humanidade. Moito se fala actualmente do cambio climatico, das guerras, da pobreza e pouco se fai, parece que o fin aínda está lonxe. Os protagonistas desta película viven, precisamente, no fin e non está moi lonxe, só nos separa 3 anos. É algo dificil de coller que todas as mulleres sexan fertiles (os cientificos da película aínda non coñecían o porqué) pero quen sabe… co estres, cos raios uva, coa radioactividade das guerras nucleares… todo é posíbel. A película é unha boa crítica desta sociedade e avisanos do que pode pasar, así mesmo ten unha boa rodaxe, incluso o sangue chega a salpicar á cámara.

Quedeime cos aspectos tecnoloxicos da vida dos humanos do 2027. Case todas as visións futuristas tenden a esaxerar moito e crean cousas imposíbeis, pero nesta película coido que o fixeron bastante ben. Os coches, por exemplo, teñen todos ordenador incorporado cunha pantalliña pero o deseño do chasis e do demáis é moi similar aos coches actuais. Os gadgets que se poden ver polas casas non son nada fora do común e moitos existen hoxe en día. O que sí foi unha novidade foi o tamaño das pantallas, eran ultrafinas, utilizando, incluso, animacións nos anuncios dos autobuses.

Recomendoa. Moi boa película. Xa contaredes.

[gv data=”yspA0j13PgE” width=”340″ height=”277″][/gv]

Salvador (Puig Antich)

Fun ver a película, candidata a representar a España nos Oscar, Salvador (Puig Antich). Chamoume a atención que a película fose en lingua catalá, con subtítulos en castelán, na súa maior parte; non se atopa todos os días nos cines de toda a España unha película noutro idioma que non sexa o castelán e menos nun idioma rexional coma o catalán.

A película trata a historia do último morto polo franquismo por garrote vil. É unha historia emotiva que te vai roubar unha (ou máis) bágoa e dárache que pensar, non só na personaxe real da historia senon tamén no mundo contemporaneo (actual e non tan actual) e no franquismo.

O filme trata a historia de Salvador Puig Antich, un xove anarquista catalán, dende que comeza na política ata que é executado. Salva é unha de esas persoas como tantas outras ás que non lle gusta o mundo onde vive, pero a diferenza dos demáis si decide facer algo por cambia-lo e non espera a ve-las vir.

O filme é unha adaptación libre do libro Cuenta atrás de Frances Escribano que conta a historia de Salvador. As irmáns de Salvador están contentas coa fidelidade da película máis algúns sectores da opinión pública, pode que os propios ex-compañeiros de Salvador, non están moi dacordo coa película. Para min é unha película sobre a, tan famosa ultimamente, memoría histórica que pretende, ademáis de contar a historia de Salvador, descubrir, aos que non vivimos esa época, o franquismo, e sobre todo quere facerche pensar sobre a sociedade e o mundo actual. O director fixo que nos decatasemos de que as ideas de Salvador aínda están moi vixentes hoxe.

Das 3 películas candidatas á representación española nos Oscar, (Volver, Alatriste, e Salvador), é esta, na miña opinión, a mellor de todas e merecedora de estar nominada a un Oscar.

Alatriste

O domingo pasado fun ver Alatriste ao cine, á derradeira sesión do día e a sala estaba chea. Trás os anuncios mentres ceabamos uns bocatas comezou a película e non podo estar máis que dacordo con Pawley.

É un filme sen argumento e con diálogos pobres. O director Agustín Díaz-Yanes quixo plasmar nunha soa película as 5 novelas de Arturo Pérez-Reverte polo que ás veces non sabes moi ben onde estás e te preguntas porqué estás ahí. Chega a ser algo aburrida nalgúns puntos da película e desexas que o Diego Alatriste morra xa para que acabe a película, pero ao fine e ao cabo poucas películas son entretidas durante todo o tempo que duran. O filme conta unha historia que parece non contar nada, quizais debido aos diálogos que son curtos e malos.

Os actores actuaron moi ben, sobre todo Viggo Mortensen, o protagonista, ao que lle fallou o acento, unha mistura de acento inglés e acento arxentino, sería mellor que o dobrasen. Fantástico Luis Zahera, coñecido en Galiza coma petroleo, interpretando a un portugués con sotaque galego. Incomprensíbel é o de poñer a unha muller, Blanca Portillo, no papel dun home, que conste que non o fixo mal, pero habería outros actores máis acorde co papel.

O bo da película é a ambientación, é realmente dun 10. É moi doado meterse no contexto histórico da película grazas aos bos decorados e á vestimenta. É fascinante ver como a arte do cine pode transportarte ate o pasado tan facilmente.

Nótase que é o filme español que máis custou aínda que a calidade do argumento non é moi alá. Si está ben ir ao cine a ver está película, aínda que non te perdes nada se non vas, por apoiar ao cine español (e o galego) que si ten (moitas) boas películas.

[gv data=”BUkavKcyrhQ” width=”340″ height=”277″][/gv]