En casa, despois dun viaxe no que pasou de todo
26 Setembro 2007Xa estou descansando en casa despois das vacacións de 7 días por terras finesas. Paseino moi ben, e ademáis de visitar Helsinki tamén visitei Tallin (capital de Estonia). Nunha semana visitei 2 países, bueno, 4 países se contamos Portugal e España.
Pero este post non é para contarvos cousas de Helsinki e Tallin (que xa o farei), se non do viaxe de volta porque nos pasou case de todo.
Chegamos (eramos 5 persoas) ao aeroporto de Helsinki unha hora e media antes para facturar e sacar a tarxeta de embarque con tempo. E así o fixemos. Pero o avión chegou media hora ou 45 minutos con retraso o cal era un gran problema xa que facemos trasbordo en Barcelona. No avión collemos turbulencias ao chegar a Barcelona por mor da treboada.
En Barcelona só tiñamos unha hora para coller o outro avión pero xa tiñamos a tarxeta de embarque (sacámola en Helsinki) e as maletas van directas a Porto. Como o avión chegou con retrasó só tivemos 15 minutos para cambiar de terminal e coller o avión, aínda por riba tardaron 5 minutos de máis en encaixar a escaleira ao avión para que poideramos baixar. Coas bolsas de man pasamos o control policial e fumos correndo por todo o aeroporto de El Prat en busca da porta de embarque. Ao chegar alí o autobus que nos levaría ao avión xa marchara pero dixeronos que non había problema, que o avión agardaba por nos. Mostramos os nosos billetes pero coas presas e os nervos unha amiga miña perdera o seu (seguramente deixouno no control policial). Pensabamos que non iamos coller ese avión pero os que estaban na porta de embarque fixeron unhas comprobacións e deixaron pasar á miña amiga.
No avión collimos aínda máis turbulencias e, aínda por riba, a comida que nos deron non estaba rica. Chegamos tarde a Porto sen saber se nos ían vir buscar ou non porque en Barcelona non nos dera tempo a chamar a casa. O colmo de todo é que as nosas maletas non apareceron! Quedaron en Barcelona. Suporían que non nos ía dar tempo a coller o trasbordo en Barcelona e as deixaron alí. Menos mal que as envian a casa por unha empresa privada hoxe á tarde.
Só faltaba un ataque terrorista...
chuzame -