Arquivo de 'Arte'

Everyday

10 Setembro 2006

Noah Kalina é un fotografo estadounidense que un bo día de 2000 tivo a brillante idea de fotografar a súa propia cara cada día.

Dende o 11 de xaneiro do 2000 e baixo o título de Noah K Everyday leva tirado milleiros de fotos da súa propia cara e aínda non rematou, non ten data de remate. Despois de 6 anos fixo un video con todas as fotos sacadas nese período. É curioso e abraiante ver como vai cambiando o peiteado, a roupa, o fondo, pero a súa mirada segue a ser a mesma. Din que os ollos son o espello da alma e esta pode ser a proba de que aínda que pase o tempo, un segue a ser un mesmo.

Encantame esta idea e vou tentar facer o mesmo. Baixo o proxecto face intentarei tirar unha foto da miña cara cada día sen ter en conta a cámara, onde estea, a roupa que leve, e mesmo sen ter en conta a hora en que a saco. A ver canto duro.

Chuzame! chuzame -