Novo ano, mesmos propósitos
8 Xaneiro 2008Hai tempo que non entro por estos lares xa case me olvido que teño un blog. Bueno, ante todo feliz ano novo a todos. Nunca é tarde para desexarvos un ano novo repleto de humor e de utopías.
Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei.
Para este ano propóñome conseguir no 2008 estas cousas:
- Aforrar
- Adelgazar
- Aprender esperanto
- Aprender a tocar a guitarra
- Sacar o carnet de conducir
- Migrar completamente a un sistema GNU/Linux
- Escribir máis no(s) blog(s)
A ver que tal...
chuzame -