Eleccións Xerais 2008

Atención, este post está escrito o 9 de marzo ás 17:30, antes do peche das urnas. Cando estas palabras foron escritas o autor descoñecía calquer resultado electoral.

España chegou a un punto de dualismo onde é dificil saír. Moitos din que é malo e abofé que o é, tamén din que é o mesmo votar a uns que votar a outros pero eu penso que non. Non é o mesmo vivir gobernados por Rajoy que por Zapatero aínda que os problemas persistan. Creo que nisto estamos todos dacordo.

Entendo e apoio aos que non están dacordo co sistema electoral e non votan, pero non entendo aos que non votan porque pasan ou aos que chaman á abstención porque sí. A única forma de cambiar o sistema, tal como están as cousas, é comezando por cambiar a Ley d'Hont e a partir de ahí, pouco a pouco, todo o que queiramos.

Mentres uns ou outros non fagan unha boa camapaña e sexan atendidos polos mass-media, as cousas non cambiarán. Eu recomendo ir votar, sempre (a non ser en casos excepcionais), e vota pola túa idea política. Non votes o voto útil se iso significa votar ao PSOE para que non goberne o PP. Iso acaba sendo voto inútil.

Para estas eleccións non tiña moi claro o meu voto polo que establecín un sistema de filtros para decidilo. Eu son de esquerdas polo que o meu voto ten que ir para un partido de esquerdas. Agora xa teño descartados ao PP e ao PSOE por non ser de esquerdas.

Neste punto practicamente só teño que escoller entre 2 partidos de esquerdas, uns son os que quero que gobernen en España e outros son os únicos que defenden a Galiza en España. Ante este dilema decidín o meu voto grazas ao voto útil.

Sempre que poidas vota.

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Eleccións Xerais 2008”

  1. Spav Says:

    Bueno, tamén hai que pararse a ler un pouco o significado dos votos en blanco… ;)

    Digoo porque ese pode ser un bo comezo para modificar esa merda de lei d’hont e que dunha vez por todas poida empezar a falarse de democracia sen encher a boca de merda como fan os políticos de todos os bandos neste país.

  2. Hispánicus Says:

    No me equivoqué.

    http://hispanicus.creatuforo.com/viewtopic.php?t=27

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image