Qué virá despois da Web 2.0?

Se antes tíñamos a web 1.0 e agora temos a web 2.0… que será o seguinte?

Pois o que virá será a Web 3.0 :). Que non será outra cousa que a suma da web semántica máis a web 2.0. Polo menos isto é o que me quedou claro ao ir á xornada de Novas tendencias en Internet: web 3.0 organizadas pola USC.

Aínda que nadie se pon dacordo en definir o que é a web 2.0 todos podemos diferencia-la da web 1.0 (por chamar a pre-web 2.0 dalgún xeito). Na web 2.0 os usuarios poden editar o contido dunha web automáticamente dende o navegador, hai máis usuarios, popularizouse AJAX e parece que a web 2.0 é para usuarios e non para a información. As abundantes redes sociais (moitas delas inútiles ou irrelevantes), a cantidade de blogs e as chamadas aplicacións web son un claro exemplo do que pretendo explicar.

Pero… qué é a web semántica? A Wikipedia e a W3C o explican moi ben. Ben sendo algo así como a web para os ordenadores, nunha linguaxe na que a información será ben interpretada polas máquinas. É dicir, se estamos nunha web con información sobre restaurantes dunha determinada cidade, o noso ordenador saberá exactamente onde se atopa a cidade no mapa (país, comunidade, provincia…), saberá tamén que estamos a ver unha web sobre restaurantes e non terá problemas en saber cal é o número  de teléfono de cada restaurante. Ata o de agora o navegador non fai máis que pór na pantalla o que os códigos html lle digan, na web semántica será quen de saber interpretalos.

Na miña opinión, como xa dixen, a suma destas dúas cousas será a Web 3.0, boa información coas vantaxes da web social.

Xa están aquí…

Xa case están aqui os exames e xunto coas prácticas e traballos vai ser unha época dura. Por iso, como fixen o curso pasado, vou tomar algunhas medidas para non distraerme en exceso:

  • Borrar moi de vez en cando as cookies, historial, etc. do navegador.
    Así evito ver que foi o último que busquei en google xa que estará borrado o historial dos formularios…
  • Desactivar o Google Reader Watcher.
    Non volverei (até o fin dos exames) a ver os feeds que teño no Google Reader, ao desactivar este plugin de Firefox xa non haberá nada que me indique os feeds que teño por ler.
  • Cambiar as páxinas de inicio do meu navegador.
    Quitarei a Netvibes e pórei a Google | Simple GTD | Google Calendar | Twitter.
  • Meterei nos marcadores do navegador algunhas webs necesarias
    Para non perder tempo buscando o enderezo dalgunhas webs que si necesitarei visitar nalgún momento as meterei nos marcadores.
  • Controlarme polo Twitter.
    Moitos din que o Twitter sirve para controlarse á hora de traballar. Pórei o que vou facendo que será (iso espero) o que teño que facer.

E agora só falta o máis importante… traballar e estudar.

Novo ano, mesmos propósitos

Hai tempo que non entro por estos lares xa case me olvido que teño un blog. Bueno, ante todo feliz ano novo a todos. Nunca é tarde para desexarvos un ano novo repleto de humor e de utopías.

Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei.

Para este ano propóñome conseguir no 2008 estas cousas:

  • Aforrar
  • Adelgazar
  • Aprender esperanto
  • Aprender a tocar a guitarra
  • Sacar o carnet de conducir
  • Migrar completamente a un sistema GNU/Linux
  • Escribir máis no(s) blog(s)

A ver que tal…