A rede francesa sen liberdade

Liberté, egalité, fraternité.

Ónde quedou iso? Qué fixeron os franceses? Sorprendente é o que está a facer Sarkozy en Francia e sorprendente é o último que fixo, máis polo extremismo do asunto que por outra cousa.

Resulta que Sarkozy chegou a un acordo cos ISP franceses e as asociacións tipo SGAE francesas para evitar que os usuarios descarguen cousas polas redes P2P. Agora, unha autoridade independente enviará como mínimo dúas ameazas (en forma de correo electrónico) aos usuarios que se descarguen pola rede P2P contido ilegal, e se o usuario segue a usar as redes P2P, o ISP poderá suspender temporalmente ou rescindir o contrato co usuario.

Eu pregúntome… qué pasa se descargas contido legal polas redes P2P? O goberno francés espiará o que descargas? Está claro que isto non é máis que outra medida represiva do goberno francés que agardamos que nunca chegue ao noso país. Agora Sarkozy teno máis doado para espiar e, quizais, mandar ao cárcere a alguén que pense distinto ou simplemente que proteste da súa política.

Sei que podo ser esaxerado, pero comézase por isto e non se sabe cando vai parar. Se cadra Sarkozy é listo (e malvado) e sabe que quen controle internet ten casi todo o poder do seu país.