Mensaxeiro instantáneo
Hoxe en día case non se pode concebir internet sen algún tipo de software que che permite comunicarte cos demáis. Estou a falar dos programas IM.
Ao principio de todo, ala polo 2000 ou 2001 eu usaba o IRC (mIRC + PhAnATiC ScRiPT) e o chat do Napster, durante un tempo usei o Yahoo Messenger pero ao final deixei de usalo. Estiven nas redes do IRC durante bastante tempo ata que, como todo o mundo, paseime ao Windows Messenger. Despois, coas actualizacións, o Windows Messenger convertiuse no MSN Messenger e finalmente no Windows Live Messenger, que é o que uso agora xunto ao GTalk. Para VoIP uso o Skype e en GNU/Linux utilizo o aMSN e/ou o Gaim (agora Pidgin), e tamén probei o Gajim.
Pero... cal é o mellor?
De todos os os IM (independentemente da plataforma), o que máis me gusta esteticamente é o Pidgin, simple, bonito e configurable. Agora ben, en canto a funcións o que máis me gusta é o Windows Live Messenger. Hai funcións que uso moito cos meus contactos da rede MSN, como o zumbido (nudge), a webcam, o envio de son, os guiños, os mensaxes manuscritos (mensaxes debuxados), e poder coller os smileys personalizados de cada contacto. E tamén se bota en falta a extensión Resaltado do Kopete. Aínda que son unhas funcións chorras e pode que molestas, bótome unhas risas cos meus colegas.
Desgraciadamente o Pidgin non ten ningunha desas funcións polo que, como uso dúas redes (MSN e Jabber) en Windows terei que usar Windows Live Messenger e GTalk e en GNU/Linux aMSN (anti-aliasing script) e Pidgin. Por iso, aínda que Pidgin sexa o máis bonito (para min) esteticamente lle faltan unhas cantas funcións:
- Soporte para webcam.
- Soporte para envio e recibo de son.
- Botón para facer un zumbido nas redes MSN. Ten o comando /nudge pero non ten o botón.
- Poder coller os smilyes dos teus contactos.
- Enviar e recibir guiños cos contactos da rede MSN.
- Enviar e recibir mensaxes debuxados cos contactos da rede MSN.
- Poder resaltar (e reproducir son) algunha palabra (que ti elixas) dos teus mensaxes entrantes.
Se Pidgin implementase todo iso, ou incluso non todo, conformome só con algunhas cousas, sería o meu IM preferido, e o usaría tanto en Windows coma en GNU/Linux. Dáme igual se se implementa mediante plugins ou no programa en si pero sería xenial que o Pidgin implementase todo iso.
De momento conformareime así, e agardarei a novas versións que parece que vai a haber cambios. E enviarei tickets para as funcións que non vaian ser implementadas.
chuzame -
xuño 30th, 2007 at 12:57 pm
[...] YouTube Link to Article linux Mensaxeiro instantáneo » Posted at Estrela Negra on Saturday, June 30, 2007 Hoxe en día case non se pode concebir internet sen algún tipo de software que che permite comunicarte cos demáis. Estou a falar dos programas IM … Messenger, que é o que uso agora xunto ao GTalk. Para VoIP uso o Skype e en GNU/Linux utilizo o aMSN e/ou … Messenger e GTalk e en GNU/Linux aMSN (anti-aliasing script) e Pidgin. Por iso, aínda que Pidgin View Entire Article » [...]
xuño 30th, 2007 at 2:08 pm
Que bueno IaRRoVaWo, debemos de ter as mesmas inquietudes, acabo de escribir un post no meu blog falando tamén do Pidgin
Eu, dende hai un par de semanas teño como programa de mensaxeria “por defecto” o Pidgin e só arranco o Messenger cando quero usar a webcam ou mandar algún guiño. Se lle van metendo algunha cousiña mais inda que sexa pouco a pouco, penso que o Pidgin pódese converter no programa de mensaxeria de referencia.
Saudos.