Como organizar as fotos?
Coa nova cámara compacta que adquirin e a cantidade de fotografías que teño me xorde un problema que tiña un pouco avandonado... Como organizar as miñas fotografías?
O primeiro de todo é buscar unha páxina web que organice as fotografías que quero publicar. Ten que ser unha web que me permite poñerlle comentarios ás fotos, etiquetas, organizalas por albúms e coleccións (de albumes) e sobre todo que permita escoller a min a licenza que lle quero poñer ás fotografías.
A única que coñezo probei é Flickr, e estou moi agusto alí. Permíteme facer todo o que quero coas fotos que me gustaría publicar e ademáis é moi popular. Alguén coñece algunha web mellor? Está Picasa e outras máis pero penso que non aportan nada novo.
O segundo aspecto é a organización off-line, no ordenador. Este, quizais, é o tema máis importante. Preciso dun software (ou quizais non) para organizar as miñas fotografías. Tanto as fotos que saquei eu como as que non saquei (dos amigos e tal..), ten que me permitir facer albumes, coleccións (de albumes), poñer etiquetas, previsualizar as imaxes, enviar as imaxes que queira a Flickr (ou á outra web que escolla), retocar algunhas imaxes (ollos vermellos, etc.), facilidade para crear CDs, DVDs de imaxes, e sobre todo, isto é o máis importante, que garde de forma sinxela e clara as fotos (refírome á forma física, os ficheiros e os cartafoles) e que sexa multiplataforma (GNU/Linux e Windows).
Non probei ningún e pódese dicir que non coñezo ningún. Sei do F-Spot para GNU/Linux que seica é bastante bo e do Picasa para Windows. Supoño que me decantarei por Picasa polo tema da multiplataforma. Terei que probalos.
Xa vos contarei como me foi cando organice a cantidade de fotografías que teño.
chuzame -
Xuño 24th, 2007 at 6:01 pm
…houbo un tempo no que me gustaba fotopic.net… pero será imposible superar a flickr… salvo que tí mesmo decidas controlar as túas fotos con gallery2…
Xuño 24th, 2007 at 7:08 pm
Eu…no PC nada, en carpetas e vía…e online no Flickr, claramente. Probara o Picasa Online ese fai un tempo, pero nada comparado con Flickr
Xuño 25th, 2007 at 11:55 am
Estiven vendo fotopic e gallery2 pero penso que é mellor flickr. Supoño que a mellor convinación é Picasa+Flickr ou “carpetas e vía”+Flickr xD
Xuño 27th, 2007 at 2:38 pm
Ao final vai ser que me quedo coas carpetas normais e correntes e flickr.
Xullo 5th, 2007 at 11:16 pm
eu a ver se son capaz de meter unha galeria de fotos como a túa no meu blogue, xa teño galeria en flick-r pero non sei como poñela no feedbanner ou como se chame do blogue, por certo, saúdos.