Como van os propósitos do 2007?
Xa estamos no ecuador do ano e eu, como a maioria da xente, fixen uns propósitos que quero/pretendo cumprir ao longo deste ano. Pero... despois de 6 meses (a metade dun ano) como van estes propósitos?
Pois ben, un desastre. Coma case todos, supoño, marqueime uns propósitos pero non dou cumplido case ningún, pero bueno, inténtase.
- Adelgazar.
Adelgazar adelgacei, todo o mundo mo di, grazas a que vou (pouco pero vou) ao ximnasio e fago exercicio. Pero aínda así non estou no peso que me gustaría estar. - Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
Fatal! Non so non uso a cotío GNU/Linux, se non que o uso menos ca antes. De feito agora só teño unha partición con Windows... pero bueno, non é culpa miña, é culpa de todos os problemas que tiven cos ordenadores e coa falta de tempo que teño agora para instalar Ubuntu, pero prometo que ao chegar as vacacións métome de cheo con Ubuntu. - Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
Nada, non sento ben nin para atrás xD. A verdade é que debín de intenta-lo só os primeiros días de xaneiro... o resto xa non. Son un desastre. - Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
Menos vago non son e tampouco estou menos estresado pero o que si conseguín foi grazas ao libro Organízate con Eficacia (GTD) é traballar máis. É dicir, grazas a ese libro agora fago máis cousas, traballo máis, aínda que sigo igual de estresado. Algo é algo. - Aforrar.
A verdade é que si que conseguín aforrar un chisco. Teño unha Wii e se cadra chega pronto unha cámara dixital, pero bueno, a ver se consigo aforrar máis e mercar todas as cousas da miña wishlist xD. - Aprender esperanto.
Nin o intentei, pero quero facelo. Agardarei ao verán cando teña máis tempo.
Quedán 6 meses para que remate o ano e aínda quedan moitas cousas por facer... pero bueno, aínda quedan 6 meses, e se non... pois para o ano que ven :-).
chuzame -
Xuño 6th, 2007 at 7:37 am
te vendo una camara digital marca benq, creo q es de 3 megapixels, ultrafina, si quieres te la traigo y la pruebas
Xuño 6th, 2007 at 7:51 am
tio, el de redes vino a pasar lista y me dice: gonzalez?
jajaja, se aprendió parte de mi nombre!!
fijo q ya me tiene cruzado, como no hago nada y estoy con los cascos, si te ve a ti dirá : lazo?? jajajaja