República ou Monarquía?

Joan Planas en Tengo 1 Pregunta lanzou á rúa unha moi interesante pregunta:

¿Debe existir la monarquía?

A verdade é que levaba tempo querendo saber que é o que opinaba a sociedade española con respecto á república. Segundo as respostas (que foron nun barrio de Barcelona e non en toda España, pero bueno) teño que dicir que non me sorpenderon, esperaba algo así.

Básicamente (e sempre segundo a miña opinión) na sociedade española hai máis persoas republicanas que monarquicas, moitas máis. Pero aínda son máis os indecisos ou os que pasan do tema. Unha proporción, de como eu o vexo, sería que o 5% está a favor da monarquía, o 15% a favor da república e o resto (65%) indecisos que pasan do tema e que nun hipotético referendo poderían votar a favor ou en contra.República

O Rei puido ter a súa función durante a transición pero agora xa non sirve para nada (nin el nin a súa familia). A monarquía non ten razón de ser, nin histórica nin social.

Para ben ou para mal asóciase a palabra república coa II República española e a todo o que iso conleva (guerra civil, franquismo). Este é o gran problema que ten hoxe a república para que cale na sociedade española. Pero hai que facer ver que Franza, os EUA, Brasil, México, Italia e moitos países son repúblicas e non botan de menos a un rei.

Aínda así cada vez hai máis xente que se da de conta que a monarquía non sirve para nada, so falta que este debate (monarquía ou república) salte aos medios de comunicación.

Atrévome a dicir que tarde ou temprano a república chegará a España, pouco a pouco chegará o referendo. A Infanta Leonor NON será raíña e pode que o seu pai tampouco o sexa.

Chuzame! chuzame -

7 Responses to “República ou Monarquía?”

  1. Neeno Says:

    De acordo en todo, excepto no de que os indecisos votarían a favor ou en contra. Simplemente non o farían, sobre todo porque non imaxino de onde viría a campaña mediática para manter a monarquía… da casa real? Non creo q fosen tan ruíns.

    Eu tamén agardo que Felipe non sexa rey. Que o derradeiro sexa Juancar, que é moi “campechano” él.

  2. IaRRoVaWo Says:

    Home… eu supoño que os indecisos votarán a favor ou en contra porque supoño que haberá unha campaña electoral… o tampouco sei é quen estará a favor, o PP? Mm… pode ser…

    De todas formas se se fai un referendo seguro que gaña a república sempre e cando se faga unha boa campaña.

  3. engalego Says:

    O peor sería convocar o referendo, perdelo (os republicanos digo)-acordadevos do que pasou coa constitución europea- e que a Leonor non fose raíña senón Marichalar e Felipe Juan Froilán……….eu emigro………..

  4. IaRRoVaWo Says:

    Emigraremos todos…

  5. Ernest Says:

    Tan de bó pugui veure amb els meus ulls la Tercera Republica però la jugada del dictador restaurant per segona vegada a la història d’Espanya la monarquia borbònica em fa ser bastant escèptic. Tot està lligat i ben lligat i mostra d’això és aquesta monarquia parlamentària hereva del franquisme que silencia la legitimitat de la Segona Republica i perpetua l’Antic Règim que tant va costar derrocar. Sota el nom de transició s’amaga el de restauració, durant la qual vam haver de triar entre seguir com estavem o bé proclamar la monarquia. I assobre n’hem d’estar contents!

  6. Andrei Says:

    E verdade que em Espanha hai muitas persoas que som republicanas , mas hai que ver que os catalanes son los mais republicanos.

  7. Español Says:

    Eso que comentas no es cierto, en España la monarquía cuenta con el apoyo de la mayor parte de la población, entre un 70% y un 80% según las encuestas. El resto son idecisos y republicanos, pero estos son minoría y el único partido que les respalda, Izquierda Unida, tiene 5 diputados de 350.

Leave a Reply