Chef IaRRoVaWo
Encántame experimentar na cociña, facer receitas propias. Os que me coñecen xa o saben e por iso poucas veces me deixan cociñar... pero cando teño que cociñar para min só teño que aproveitar.
As miñas receitas fánse simplemente co que hai na cociña e sorpendentemente saben ben, ou polo menos a min sabenme ben. Algún día recopilareinas e poreille un copyright :-).
Pero como son bo, vou explicar aqui a receita que acabo de cear. Esta é unha receita especial para macarróns (sempre son macarróns...) e é moi fácil:
- Enchemos unha pota de auga e poñémo-la a ferver.
- Botámoslle aceite e sal.
- Deseguido, e antes de que ferva, botamos perexil e avecren.
- Seguimos botando aceitunas (sí! aceitunas!).
- Despois botamos un pouquiño de pan raiado e opcionalmente tamén podemos botar calquera cousa que atopemos pola cociña.
- Botámos un chorro de cervexa.
- E removemos de vez en cando mentres a auga non ferva.
- Cando a auga ferva metemos os macarróns.
- Despois de 10 minutos removendo de vez en cando, xa temos os nosos macarróns!
Aínda que non o creades sigo vivo e estaban riquisimos!
chuzame -
maio 4th, 2007 at 12:31 am
¿e nada máis? onde está o queixo raiado? o tomate frito? o hovo cocido? o orégano? nah nah, vese que te falta experiencia na cociña experimental!!! xD
Iso ou e que ainda non hai pasta na conta bancaria
PD.: As aceitunas sen cocer home… jajajaja algún día publicarei a miña receita mundialmente coñecida como “pisto” ainda que non ten nada que ver
maio 4th, 2007 at 8:43 am
Sen dúbida estarán deliciosos. A min dáseme moi ben o de cociñar aínda que voces críticas xurdidas do meu entorno me consideren un terrorista gastronómico por atentar contra a dignidade dos alimentos.
maio 4th, 2007 at 12:27 pm
Neeno, home, logo boteille tomate frito… pero é que non había nada máis na cociña… podía botarlle trociños de pan bimbo pero igual iso xa era un pouco “jevi” xD
A Randeeira, pásame igual ca ti. Somos uns incomprendidos adelantados ao noso tempo xD
maio 4th, 2007 at 7:56 pm
hehe, a min tamén me vai iso de experimentar… só que a min sempre me poñen a cociñar.
O que nunca lle botara eu son as aceitunas e o pan raiado… a cervexa sí, gústame compartila coa miña comida! XD Unha pra ti, dúas pra min, unha pra ti…. hahaha
maio 4th, 2007 at 9:37 pm
¡manda carallo! Lembrame se teño que ir cear algunha vez á tua casa que leve almax (ou mellor un bocadillo)
maio 5th, 2007 at 10:04 pm
Hai que adicarlle tempo á cocinha e xa verás ti que pratos…
Unha aperta gastronómica
