Frases das rúas

1 de febreiro de 2007

Nunca lichedes as frases que hai pintadas nas paredes das rúas ou nos baños públicos? Hai algunhas que son ben curiosas, outras graciosas e algunhas reflexan os teus ideais políticos.

E quen non mirando na internet, nalgunha revista ou nalgunha canción, non atopou algunha frase que simplemente lle gustou e pensou que sería bo compartilo co mundo enteiro?

Por iso creei o blog Frases das Rúas, para almacenar todas esas frases que por un motivo ou outro son especiais e merecen estar escrinas nas paredes das rúas, para que todo o mundo as vexan.

8 comentarios en “Frases das rúas”

  1. a randeeira dixo:

    Boa idea, os baños públicos son todo un compendio de filosofía popular.
    Sorte.

  2. Suevo dixo:

    Si señor moi boa idea, eu son dos que cando vai a algures mira pr’as pintadas das paredes que reflexan moi ben os pensamentos políticos ou sociais da xente do lugar. Nos servizos tamén as hai interesantes pero son maioria os debuxiños tipo ()()==== e as frases tipo “chupo…”

  3. A Randeeira dixo:

    Non me lembro como se chama pero sei que hai un blog dun madrileño que recolle fotos de pintadas e textos que busca e atopa polas rúas.

  4. Spaviladiyo dixo:

    Ei meu!, moi boa idea!, eu estou con a randeeira tamén, os baños públicos son un “pozo” de sabiduría :lol:

  5. IaRRoVaWo dixo:

    Algún día hei recopilar as frases e “conversacións” que hai nos baños da biblioteca Concepción Arenal, non teñen desperdicio, xD

  6. Suso dixo:

    Unha idea boísima!!! Eu tiña ganas tamén de facer unha gran compilación de frases… se te queres facer con unhas poucas mira na columna da esquerda do meu espazo: http://www.youtube.com/watch?v=G6yR7XJqV2M

  7. Suso dixo:

    merda! falloume o Ctrl+C, Ctrl+V!! hehe
    é aquí: http://galegoman.spaces.live.com/

  8. IaRRoVaWo dixo:

    Pois voulle botar unha ollada esas frases ;-) .

Deixa un comentario