Odio Windows e odio tamén os ordenadores en xeral

Si, xa sei que é raro que un (futuro) informático odie os ordenadores (que odie Windows é normal…), pero éche así a cousa. E non son un talibán de Linux, software libre, ou algo polo estilo. Odio Windows, e de rebote aos ordenadores, porque Murphy cando fixo as súas famosas leis, para demostralas empíricamente utilizou un ordenador con Windows.

Eu son dos que tratan ben o ordenador (neste caso portátil), non me gusta instalar algo (en Windows) que non saiba o que é, ao desinstalar un programa preocupome de que ese programa non deixe rastro borrando os cartafoles que non foron borrados, facendo unha limpeza de rexistro. Cada semana soio pasar o Ad-Aware para quitar todos os spy-wares e cada mes, máis ou menos, paso o antivirus (Norton). E sobre todo non instalo .dll’s raras ou ficheiros que poidan modificar cousas importantes de Windows.

Pero aínda así, Windows fódese. O peor é cando o usas para traballar, e peor aínda é se se fode nestas datas (época de exames). O pasado sábado tiña que escanear unhas imaxes para facer un traballo polo que fun instalar os drivers e programas do escaner. Instalo todo sen problema, escaneo sen problema, vou crear un cartafol para gardar a imaxe e… zas! Pantallazo azul.

Reinicio e pantallazo azul! Apago, volvo a iniciar e vai todo ben. Intento escanear pero seica os drivers non están instalados, no problem, meto o CD e… ei! agarda! onde carallo está o lector de CD? Ahh.. a saber!? Non está. Reinicio e non está. Reinicio e non está. Reinicio e non está. Reinicio, esta vez en Ubuntu, e si esta, polo que volvo reiniciar en Windows e desta aparece. Meto o CD pero Windows quedase pillado polo que teño que volver a reiniciar. E adiviñade, non está o lector! Reinicio outra vez e si que está. Meto o CD de novo, instalo drivers, escaneo, vai todo ben. Por fin xa escaneei todo. Entre unhas cousas e outras comecei ás 11:30 e ate as 15:00 non rematei (só para escanear 4 imaxes).

Parece que todo xa vai ben, Windows recoñece o lector, está todo escaneado, non da ningún erro aparente… pero, estou navegando tranquilamente co Firefox e… zas! Pantallazo azul! Apago e volvo a encender e o lector non está. Xa estaba raiado e pasei de comprobar nada. Decidín que… ate despois dos examens non me ía poñer a fedellar.

Agora o lector aparece e non aparece cando lle peta, a veces está e a veces non. O pantallazo azul dáme ás veces, cando estou navegando co firefox, sen facer nada especial. E bueno, é algo co que podo pasar ate despois dos exames. Pero o peor aínda está por chegar.

Un día despois descubro que o problema do lector é que está mal colocado, empuxoo e xa vai ben. Unha cousa menos, pero resulta que ás veces traballando Windows se queda pillado, non reacciona até algún tempo despois e o rató (USB) funciona ás veces e ás veces non. Cada vez vai indo a peor, e agora xa non funciona ningún porto USB, non podo nin ver/ler o que está no meu pendrive nin usar ningún rato (o touchpad éme moi incomodo), o peor de todo é que pasa o mesmo dende Ubuntu.

En fin… as cousas que ten traballar con ordenadores. O peor é que, se o asunto non se soluciona por si mesmo, estarei un mes sen ordenador.

Propósitos para o 2007

É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):

  • Adelgazar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
  • Aforrar.
  • Aprender esperanto.

Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!