Propósitos para o 2007

É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):

  • Adelgazar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
  • Aforrar.
  • Aprender esperanto.

Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!

Chuzame! chuzame -

9 Responses to “Propósitos para o 2007”

  1. Andrés Milleiro Says:

    Eu teño os mesmos ca ti, pero engadiría o de aforrar un pouco, a ver se merco o MacBook… :P

  2. IaRRoVaWo Says:

    Pois tes razón, vou engadir outro máis que é aforrar, non especialmente para o MacBook (xa me gustaria ter un…) senon para outras cousas… para unha Wii, un ordenador novo, unha cámara dixital boa (10Mbp, zoom optico, etc.)… etc.. para o que caia antes, haha.

    E xa que estamos engado outro prpósito máis: aprender esperanto.

  3. admin Says:

    aprender, postos a aprender, mellor mirar polo chines…
    e, outra vez, perdoa polos problemas do estilo visual

  4. IaRRoVaWo Says:

    Home, por idioma quizais mellor o chinés, si… ou o arabe que seguro que agora mesmo ten máis saída… pero é que o esperanto con só 3 meses xa tes nivel avanzado… hahaha…

    Estou pensando en engadir “aprender a tocar a guitarra” :P.

  5. nemeth Says:

    o esperanto évos moi interesante e non excesivamente difícil de aprender. Hache facer falta máis sorte co resto de propósitos ;)

    apertas

  6. A Randeeira Says:

    eu so teño un fundamental: sobrevivir; e outros alternativos: intentar vivir sen traballar.

  7. Suso Says:

    vaia! agás o de aprender esperanto (que me plantexei numerosas veces pero creo que xa me abonda con ter que aprender inglés, estarme metendo no francés e plantexarme a introdución ao alemán) eu coincido nos máis, hehe.

    O que máis me vai custar, sen dúbida, vai sé-lo de aforrar… son un derrochador nato!

  8. Estrela Negra » Como van os propósitos do 2007? Says:

    [...] Xa estamos no ecuador do ano e eu, como a maioria da xente, fixen uns propósitos que quero/pretendo cumprir ao longo deste ano. Pero… despois de 6 meses (a metade dun ano) como van estes propósitos? [...]

  9. Estrela Negra » Novo ano, mesmos propósitos Says:

    [...] Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei. [...]

Leave a Reply