Propósitos para o 2007
É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):
- Adelgazar.
- Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
- Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
- Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
- Aforrar.
- Aprender esperanto.
Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!
chuzame -
Xaneiro 2nd, 2007 at 11:26 am
Eu teño os mesmos ca ti, pero engadiría o de aforrar un pouco, a ver se merco o MacBook…
Xaneiro 2nd, 2007 at 1:01 pm
Pois tes razón, vou engadir outro máis que é aforrar, non especialmente para o MacBook (xa me gustaria ter un…) senon para outras cousas… para unha Wii, un ordenador novo, unha cámara dixital boa (10Mbp, zoom optico, etc.)… etc.. para o que caia antes, haha.
E xa que estamos engado outro prpósito máis: aprender esperanto.
Xaneiro 2nd, 2007 at 9:10 pm
aprender, postos a aprender, mellor mirar polo chines…
e, outra vez, perdoa polos problemas do estilo visual
Xaneiro 2nd, 2007 at 11:03 pm
Home, por idioma quizais mellor o chinés, si… ou o arabe que seguro que agora mesmo ten máis saída… pero é que o esperanto con só 3 meses xa tes nivel avanzado… hahaha…
Estou pensando en engadir “aprender a tocar a guitarra” :P.
Xaneiro 3rd, 2007 at 1:39 am
o esperanto évos moi interesante e non excesivamente difícil de aprender. Hache facer falta máis sorte co resto de propósitos
apertas
Xaneiro 3rd, 2007 at 6:08 am
eu so teño un fundamental: sobrevivir; e outros alternativos: intentar vivir sen traballar.
Xaneiro 3rd, 2007 at 12:46 pm
vaia! agás o de aprender esperanto (que me plantexei numerosas veces pero creo que xa me abonda con ter que aprender inglés, estarme metendo no francés e plantexarme a introdución ao alemán) eu coincido nos máis, hehe.
O que máis me vai custar, sen dúbida, vai sé-lo de aforrar… son un derrochador nato!
Xuño 5th, 2007 at 10:11 pm
[…] Xa estamos no ecuador do ano e eu, como a maioria da xente, fixen uns propósitos que quero/pretendo cumprir ao longo deste ano. Pero… despois de 6 meses (a metade dun ano) como van estes propósitos? […]
Xaneiro 8th, 2008 at 6:04 pm
[…] Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei. […]