Arquivo de Xaneiro de 2007

Odio Windows e odio tamén os ordenadores en xeral

22 Xaneiro 2007

Si, xa sei que é raro que un (futuro) informático odie os ordenadores (que odie Windows é normal...), pero éche así a cousa. E non son un talibán de Linux, software libre, ou algo polo estilo. Odio Windows, e de rebote aos ordenadores, porque Murphy cando fixo as súas famosas leis, para demostralas empíricamente utilizou un ordenador con Windows.

Eu son dos que tratan ben o ordenador (neste caso portátil), non me gusta instalar algo (en Windows) que non saiba o que é, ao desinstalar un programa preocupome de que ese programa non deixe rastro borrando os cartafoles que non foron borrados, facendo unha limpeza de rexistro. Cada semana soio pasar o Ad-Aware para quitar todos os spy-wares e cada mes, máis ou menos, paso o antivirus (Norton). E sobre todo non instalo .dll's raras ou ficheiros que poidan modificar cousas importantes de Windows.

Pero aínda así, Windows fódese. O peor é cando o usas para traballar, e peor aínda é se se fode nestas datas (época de exames). O pasado sábado tiña que escanear unhas imaxes para facer un traballo polo que fun instalar os drivers e programas do escaner. Instalo todo sen problema, escaneo sen problema, vou crear un cartafol para gardar a imaxe e... zas! Pantallazo azul.

Reinicio e pantallazo azul! Apago, volvo a iniciar e vai todo ben. Intento escanear pero seica os drivers non están instalados, no problem, meto o CD e... ei! agarda! onde carallo está o lector de CD? Ahh.. a saber!? Non está. Reinicio e non está. Reinicio e non está. Reinicio e non está. Reinicio, esta vez en Ubuntu, e si esta, polo que volvo reiniciar en Windows e desta aparece. Meto o CD pero Windows quedase pillado polo que teño que volver a reiniciar. E adiviñade, non está o lector! Reinicio outra vez e si que está. Meto o CD de novo, instalo drivers, escaneo, vai todo ben. Por fin xa escaneei todo. Entre unhas cousas e outras comecei ás 11:30 e ate as 15:00 non rematei (só para escanear 4 imaxes).

Parece que todo xa vai ben, Windows recoñece o lector, está todo escaneado, non da ningún erro aparente... pero, estou navegando tranquilamente co Firefox e... zas! Pantallazo azul! Apago e volvo a encender e o lector non está. Xa estaba raiado e pasei de comprobar nada. Decidín que... ate despois dos examens non me ía poñer a fedellar.

Agora o lector aparece e non aparece cando lle peta, a veces está e a veces non. O pantallazo azul dáme ás veces, cando estou navegando co firefox, sen facer nada especial. E bueno, é algo co que podo pasar ate despois dos exames. Pero o peor aínda está por chegar.

Un día despois descubro que o problema do lector é que está mal colocado, empuxoo e xa vai ben. Unha cousa menos, pero resulta que ás veces traballando Windows se queda pillado, non reacciona até algún tempo despois e o rató (USB) funciona ás veces e ás veces non. Cada vez vai indo a peor, e agora xa non funciona ningún porto USB, non podo nin ver/ler o que está no meu pendrive nin usar ningún rato (o touchpad éme moi incomodo), o peor de todo é que pasa o mesmo dende Ubuntu.

En fin... as cousas que ten traballar con ordenadores. O peor é que, se o asunto non se soluciona por si mesmo, estarei un mes sen ordenador.

Chuzame! chuzame -

Problemas coa blogaliza

16 Xaneiro 2007

Este novo ano comezou cargado con cousas polas que bloguear pero por problemas técnicos non puiden acceder ao meu panel de control do blog.

Ao parecer o formulario de entrada en blogaliza.org tiña un erro que xa foi corrixido grazas a goretoxo.

Xa esta ahí a época de exames polo que haberá que poñerse as pilas, a ver se teño tempo de bloguear máis neste tempo.

Chuzame! chuzame -

Propósitos para o 2007

2 Xaneiro 2007

É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):

  • Adelgazar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
  • Aforrar.
  • Aprender esperanto.

Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!

Chuzame! chuzame -

Feliz 2007

1 Xaneiro 2007

Moito HUMOR para este novo ano.

 

Chuzame! chuzame -