Galiza 1 – 1 Ecuador

Un empate nun partido de bo nivel. Mereceu gañar Galiza pero si foi o de menos, o partido era amistoso e neste caso, máis concretamente, era unha festa. Aínda así Galiza dominou o partido, sobre todo nos primeiros minutos da segunda parte onde tivo algunhas ocasións clarisimas.

A festa estivo nas bancadas, pero sen punto de comparación coa festa do primeiro partido. O ano pasado San Lázaro estaba completo, non cabía ninguén máis. Este ano, tamén é normal, en Riazor había ocos baleiros, había moita xente, máis da metade pero non estaba cheo, iso sí, as bandeiras, pancartas e os animos non faltaron.

No YouTube colguei o video do himno que se escoitou/cantou no estadio (Sí, o que desafina e non se sabe a segunda parte son eu :p)

Fotos do estadio:

 

Máis fotos aquí.

Papa Noel

Este ano as pupieiriñas informaron ben a Papa Noel e, aínda que o nadal xa non é coma cando era pequerrecho, si que houbo un chisquiño de ilusión.

Debaixo da árbore atopei dous agasallos, un era unha tarxeta MMC Mobile de 1 Gb para o meu móbil e o cd-dvd-libro de panxoliñas galegas, O Quiquriqui.

Agora xa podo meter cancións e películas, e sacar todas as fotos que queira co meu móbil mentres escoito cancións populares galegas :P.

Galiza 4 – 0 Ecuador

Mentres agardo ao 28 de decemrbo (e a que caixanova poña á venda as entradas) decidín xogar o Galiza vs Ecuador no Pro Evolution Soccer 6.

galiza ecuador

Riazor rexistrou un cheo completo, o ambiente nas gradas era o dunha autentica festa.

galiza ecuador

Os xogadores de ambos equipos concentráronse antes de saír ao campo.

galiza ecuador

O once inicial da nosa selección, mentres os xogadores saltan ao terreo de xogo.

galiza ecuador

David Fernández e Jonathan Aspas celebrando un dos goles.

galiza ecuador

As estatísticas finais do partido.

Grande victoria para Galiza, un 4 a 0 frente á selección ecuatoriana. O primeiro gol foi en própia porta despois dun corner favorábel á Galiza, remata un xogador galego e o porteiro ecuatoriano mete o esférico dentro. A estrela do partido foi David Fernández que acadou un hattrick, un gol na primeira metade e os dous restantes na segunda metade, todos con xogada elaborada dende o centro do campo e con remate final de David.

Vemonos o 28 n’A Coruña.

 

A piratería é culpa deles

O outro día fun ao cine a ver El Perfume, unha boa película basada nunha novela do mesmo nome. O caso é que tiven que entrar no cine coas mans en alto, atracaranome. Si, éque non se lle pode chamar doutro xeito a que me cobren 6’10€ por ir ao cine.

Eu recordo cando antes ía ao cine, nos multicines de Pontevedra, por 300 pesetas e xa era moito. Tamén recordo que coa chegada do euro os cines de Vialia de Pontevedra, antes Lauren e agora CineBox, custaban 3 ou 4 euros aproximadamente. Pouco a pouco foi subindo… 5€, 5’30€… até 6’10€. Entendo que o prezo dos cines de Vialia sexa maior que o prezo dos multicines, xa que as salas, o son e a calidade do video é moito maior… pero chegar a estos prezos xa é case ilegal.

Como queren que o paguemos? Non todos podemos, sobre todo os xovenes que non traballamos e non temos fontes de ingreso (sen contar a familia). Eu, coma tantos outros que van ao cine en Pontevedra, non son de Pontevedra capital e, como na miña vila non hai cine, teño que coller un autobus para poder disfrutar do 7º arte. O bus custa 1’15€ por viaxe (por certo, antes do euro custaba menos de 100 pesetas) o que supón 2’30€ ida e volta. Non acostumo a mercar nen bebida nen flocos de millo nen nada polo estilo porque os prezos son abusivos pero pode haber algún día que tes fame ou tes o antoxo de flocos de millo. A última vez que fun ao cine coa miña moza mercamos unha de flocos de millo pequena, unha pepsi pequena e un botellín de auga, todo iso sumou 7€. Xa levamos un total de 9’30€ e sen a entrada.

Unha tarde no cine pode sairme por 15’40€! unhas 2500 das antigas pesetas, cando antes por menos de 500 pesetas facía o mesmo. E logo queren que non pirateemos… con estes prezos, con sorte, eu só podo ir ao cine cando hai unha película que verdadeiramente valla a pena.

Estou certo que todo o mundo prefire ver as películas no cine antes que no ordenador ou na TV, pero tamén estou certo que non todo o mundo pode permitirse ver todas as películas que quere no cine e a solución e baixalas da mula. Por exemplo, das películas que están agora en carteleira quero ver Arthur y los Minimoys, Colegas en el bosque, Eragon, Happy feet. Rompiendo el hielo e Ratonpolis. De todas esas películas non vou ir ver ningunha por culpa do prezo, se cadra vou ir ver Mia Sarah cando saia.

Galiza, máquina do tempo

A última iniciativa do BNG deu moito que falar tanto a nivel galego coma a nivel español e descoñezo se tamén a nivel portugués. O certo é que o BNG ten razón se nos fixamos no aspecto cientifico, a Galiza correspóndelle 2 horas menos (ou unha menos… segundo se mire) e a España 1 hora menos. Pero eu vou máis alá.

E por qué conformarnos cunha hora menos? Por qué non adiantar o reloxio tres días? Imaxinadevos… Son las 3 de la tarde, una hora menos en Canarias y tres días más en Galicia, ou n’A Galega… Son as 3 da tarde, 3 días menos en España. Poderíamos dicir que somos uns adiantados ao noso tempo. Seriamos os primeiros en entrar no ano novo, ou o lugar do mundo onde antes se estrea algo, unha película, unha videoconsola, etc.

Tamén poderíamos atrasar o reloxio catro días, así poderiamos saber que vai pasar antes que nos pase a nos. Se hai un virus ou tipo “efecto 2000” xa teríamos a cura antes que nos pase, ou seríamos os últimos en disfrutar un bo ano.

E por qué só cambio de días? Que tal anos? Por qué non cambiamos o noso reloxio 100 anos, ou o atrasamos 20 anos? Os galegos seríamos futuristas, homes do futuro. Ou, agora que esta tan de moda o retro, viviriamos no pasado, recordando aqueles tempos. E xa postos, por que non cambiar o noso relixio algúns séculos? A quén non lle gustaría vivir na Idade Media? Ou na época dos castrexos? Xa estou imaxinando a propaganda da Consellaría de Turismo: Viaxa no tempo, ven a Galiza.

Galiza: máquina do tempo, XA!

11 razóns para mercar Wii

Coa chegada das consolas de nova xeración é máis dificil escoller unha. Eiquí hai unha lista pola cal a Wii é a mellor:

  1. A Wii é divertida.
  2. O Wiimote é a revolución dos videoxogos.
  3. A Wii é bonita.
  4. Xogando coa Wii fas exercicio.
  5. Podes ver o tempo metereolóxico e as novas sen saír do salón.
  6. Podes engadirlle un dísco duro.
  7. Podes xogar aos xogos da Game Cube, NES, SNES, N64, MegaDrive…
  8. Podes xogar on-line con xogadores de todo o mundo.
  9. Podes xogar a xogos flash.
  10. Nintendo is the best.
  11. Wiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!