Papa Noel
Este ano as pupieiriñas informaron ben a Papa Noel e, aínda que o nadal xa non é coma cando era pequerrecho, si que houbo un chisquiño de ilusión.
Debaixo da árbore atopei dous agasallos, un era unha tarxeta MMC Mobile de 1 Gb para o meu móbil e o cd-dvd-libro de panxoliñas galegas, O Quiquriqui.
Agora xa podo meter cancións e películas, e sacar todas as fotos que queira co meu móbil mentres escoito cancións populares galegas :P.
chuzame -
decembro 28th, 2006 at 2:09 pm
Moi bo fuches logo, e ainda faltan os reis magos por chegar…
Unha aperta grande.

decembro 31st, 2006 at 5:43 pm
Alédome de que as pupieiriñas pasasen pola túa beira.
Bo ano 2007.