Nokia N70

Comecei nisto dos móbiles cun Philips Savvy e despois dalguns anos e por problemas coas teclas merquei un mítico Nokia 3330 que xa non era o último da época pero si un dos mellores móbiles. Máis de dous anos despois e por culpa da bateria din o salto aos móbiles multimedia e a cor, mercando un Motorola V535 que aos poucos meses xa ía mal de software ata que por fin, un ano despois, merquei, grazas ás ofertas de migración (de prepago a contrato) de movistar, un Nokia N70.

Nokia é para min a mellor marca de móbiles hoxe en día e coa súa gama Nseries superaronse a si mesmos. Son bos móbiles con sistema operativo Symbian e con moitas posibilidades. Concretamente o N70 é 3G, ten dúas camaras, unha de 2 megapixeles con flash e outra secundaria VGA, grava e reproduce video de boa calidade, pode funcionar como reprodutor MP3 (Ogg e outros formatos), ten radio FM, soporta Java (J2ME), conexións GSM, UMTS, GPRS, WAP e bluetooth, unha memoria interna de 22Mb e posibilidade de meter unha memoria RS-MMC. O paquete do móbil trae cable USB, cascos, cargador e adaptador para cargadores antigos e unha memoria RS-MMC de 56Mb.

O bo dos móbiles con sistema operativo, neste caso Symbian, é que permiten a instalación de programas e xogos sen que sexan java. Desta forma e cunha tarxeta de memoria non moi grande xa que os programas ocupan pouquiño podes ter cousas interesantes (e outras non tanto) no peto. O máis útil pode ser un rueiro (e un mapa do metro se viaxas a unha cidade onde os haxa) que se pode convertir nun GPS se mercamos un adaptador. Outra cousa útil pode ser un programa que convirta ao móbil nunha lanterna ou o acrobat reader ou un lector de documentos de oficina como os .doc, .xls, etc. Tamén hai programas de edición de video, retoque (moi simple) de fotografías, reprodutores mp3, ogg, etc.. Hai outros que están ahí e como ocupan pouquiño non podes evitar non telos, como un programa de camara espia, un programa que che di se un dispositivo bluetooth esta lonxe ou preto, etc. Os xogos xa son outra cousa comparada cos java. Hai emuladores para a Nintendo, a Super Nintendo, a Game Boy, MegaDrive, a MAME!! Os vicios son maiores.