Meme, o porqué do nome do blog

Andrés pasoume un meme no que me pregunta polo nome deste blog. A verdade é que últimamente estaba pensando no porqué de Estrela Negra, coido que nin eu o sei moi ben, hehe.

O meu primeiro blog (e o seguinte) titularonse O Weblog de IaRRoVaWo (que orixinal!), até que un día deixei de bloguear. Pero esas veces que deixas de bloguear por falta de tempo, aburrimento ou por que non tes ganas, logo volves con máis ganas aínda, e eu tiña ganas de volver pero "cambiando de aires", cun blog novo. Púxenme a buscar un novo nome (e servidor) e atopei Estrela Negra. O símbolo da estrela de cinco puntas, sen as connotacións políticas que leva, sempre foi un símbolo que me gustou, o utilizaba dacote para moitas cousas, e por iso elixin a estrela. O negro é unha das miñas cores favoritas e supoño que é por isto polo que elixin esta cor, pero o negro tamén representa máis, o negro é, ao meu modo de ver, unha cor de rebeldía, unha cor que está en contra das masas, unha cor de soidade. Pouco despois de crear o blog entereime de que a estrela negra tamén é un símbolo da anarquía, o cal non me disgustou, ao contrario. A unión da estrela e do negro deu o nome deste blog :).

Outros nomes que barallei foron rosa negra, estrela solitaria ou lonely star, e como curiosidade, á selección de futbol de Ghana chámanlle estrela negra.

Envio este "meme" a todos os que queiran explicar o nome do seu blog, pero en especial a Westopia, A Randeeira e a Nemeth.

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “Meme, o porqué do nome do blog”

  1. A Randeeira Says:

    Métesme nun compromiso pero penso revelar un dos secretos máis agochados de internet.
    Sáudos.

  2. Andrés Milleiro Says:

    Claro, eu cando vin o nome pensei no símbolo anarquista… ;)
    Apertas

  3. misha Says:

    pois o nome de westopia e moi largo de contar. Un dia temos que quedar ti, pablo e mais eu e contamosche.

    saudos.

Leave a Reply