Primeira semana

Acabaron as vacacións e tamén acabou a primeira semana de traballo. Polo momento vai todo ben, estou nun piso con 3 amigos con consolas e imos contratar internet.

As clases de 1º son case igual que as do ano pasado e as de 2º están mal, o problema é que por culpa do proceso de boloña vou ter que expoñer traballos en público e iso dáme algo de pánico, pero bueno, farase o que se poida. De momento comezo todo con calma e sen presa pero tamén sen pausa.

Nunha semana xa case aprendín a cociñar e a limpar e ao revés do que pensaba non é tan custoso.

Ate que non contratemos internet, temos problemas con R, non poderei postear moi amiudo.

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “Primeira semana”

  1. Marinha de Allegue Says:

    Todo vai ir tomando a súa forma e os seu xeito vas ver…
    Unha aperta

    :smile:

  2. oko Says:

    bo inicio de curso!!! creo que andamos todos un pouco descolocados. menos mal que compostela non cambia! disfruta de segundo, que o tempo logo pasa -dicho unha vella de último curso xD-!!!

  3. IaRRoVaWo Says:

    Pouco a pouco a cousa vai indo.. A verdade é que non o estou a pasar tan mal :P

Leave a Reply