San Migheleiro

O 29 de setembro é San Miguel e en Marín é festa, celébrase bailando un antigo baile chamado "Danza das Espadas". Pero o mellor é a celebración do San Migheleiro festa que celebran os mozos e mozas de Marín o derradeiro sábado de setembro.

O San Migheleiro consiste basicamente en ir de troula por Marín bebendo cervexa en cada bar. Os amigos xuntanse en peñas (que ven sendo mercar a camisola especial San Migheleiro dalgún bar), e van de bar en bar (este día todos os bares convertense en pubs) dende as 11 ou 11:30 da mañá até que dure o corpo bebendo cervexa. Iso si, non vale ir a calquera bar, hai que seguir unha ruta xa preestablecida entre todos os bares e ir tomando unha cervexiña en cada un del.

A ruta comeza no bar (pub) máis "arriba" de Marín para logo ir baixando. Non hai hora de comezo nin de remate (sobre todo de remate) pero soese comezar a iso das 11 ou 12 da maña ate chegar ás 4, neste tempo hai que cumplir a primeira parte da ruta (non todos os bares están abertos a todas as horas) e facer un parón pra comer. A segunda parte da ruta comeza a iso das 6 da tarde e continuase a beber cervexa (xarras, cortos, botellíns, da igual con tal de que sexa cervexa), ate ben entrada a noite. Ás 6 da madrugada aínda hai xente polas rúas que esta de troula dende as 12 da mañá.

Non vos preocupedes polos cartos, se non convidan os vosos amigos non é raro que vos inviten (ou que se olviden de cobrar) os donos dos bares, sobre todo se levades a camisola do seu bar. Ademáis, as tapas que van dende empanadas a patatas fritas e frutos secos xa están a libre disposición de calquera nas barras.

Marín non ten marcha (toda vai a Pontevedra) agás este día que está ateigado de xente, pero aínda que esta festa non é moi coñecida fora de aqui non é raro toparse pola rúa con algúen de Jerez, de Nova York, de Ourense ou de calquera parte de España, e é que os marinense convidamos a todo o mundo!

Estades convidados para o próximo San Migheleiro! Festa rachada!

P.D.: Se te chamas Miguel e ensinas o teu DNI nos bares, a cervexa é de balde.

Chuzame! chuzame -

5 Responses to “San Migheleiro”

  1. Andrés Milleiro Says:

    Tropa do carallo :D

  2. A Randeeira Says:

    Haberá que ir para o ano. E se naciches o día de San Miguel non abonda para beber de balde?

  3. IaRRoVaWo Says:

    Hai videos e fotos da festa en http://www.descubremarin.com/index.php?menu=sanmigueleiro

    Por certo, eu salgo no video e nalgunhas fotos, a ver se me vedes hehe.

  4. A Randeeira Says:

    Como non des algunha pista … polo menos a cor da camisola.

  5. IaRRoVaWo Says:

    A cor da camiseta é rosa. Aparezo por ahi ao fondo.. sobre todo ao principio xD

Leave a Reply