O Xabarín xa non é o que era

Confesome un porco bravo.

Pertenzo á Xeración Xabarín, esa que medrou tomando bocatas de nocilla ou queixo e xamón diante mentres via a Son Goku, Doraemon, Hatori o Ninja, e tantos outros mestres da miña infancia. Conservo o carné de socio (xa caducado) como unha reliquia e teño todas as cancións do Xabarín en MP3, un DVD cos mellores videoclips, dúas cassettes coas primeiras cancións e un libriño coas letras dalgunhas cancións e as notas para poder tócalas coa guitarra.

No 98 non puiden ir á XabaXira e este ano volverona facer, pero pesimamente. De milagre entereime pola TV que o día 24, é dicir, hoxe, a XabaXira 2006 chegará a Pontevedra pero non sabía a que hora.Xabarín Club Busquei cartaces e non atopei ningún e mirei a web... e bueno, mellor non comentar a web. Busquei no google e en todos os sitios dicia que ía ser o domingo 24 pero en ningures poñía a hora. Pero resulta que hoxe entérome que foi onte, o sábado 23, cando se realizou o evento, volvín buscar no google e atopei unha nova da CRTVG na que sí dicía que ía ser o 23, pero non dicía nin o lugar nin a hora.

En ningún xornal ven a nova da XabaXira e o que sí aparece é a xuntanza da terceira idade organizada por Quintana, que curiosamente coincidiu coa XabaXira igual que en Melide que tampouco foi anunciada.

É indignante que algo como esto non o anuncien e non haxa forma de enterarse. Xa non o digo polos nenos aos que lle gustaría ir, se non porque este é un novo proxecto relanzado para facer popular a A Galega e para que a nova xuventude galega medre, tamén, en galego. Pero visto como van as cousas, non sei que pretenden.

Chuzame! chuzame -

8 Responses to “O Xabarín xa non é o que era”

  1. Andrés Milleiro Says:

    É certo! Pois eu en Pontevedra non vin nada,eu supoño que non o farían…teño ganas de revitalizar a campaña de firmas pola volta do Xabarín daquela,pero me falta alguén que se curre uns banners ou algo…e difundilo pola web :S

  2. Spav Says:

    Ei!!, eu tamén!, debe de ser pola idade, tocounos vivir unha boa época de televisión infantil (e non a merdada que botan agora). Mira que teño intentado conseguir todos os mp3!!!…e nunca os din reunido todos, a ver se nos volvemos a topar na seguinte XGN e pásasmos ;)

  3. IaRRoVaWo Says:

    Vivimos a mellor xeración :P.

    Spav, por suposto, levarei todos os mp3 á XGN e a ver se tamén consigo pasar ao ordenador os videos que teño no DVD.

  4. A Randeeira Says:

    Eu vin a Xabaxira 2006 e non che me gustou moito agora o meu fillo pequeno veu flipando porque lle prometeron un agasallo pero aínda non chegou.

  5. Va! de TellaCeibe.tk Says:

    Vaia, casualidades da intenet, cheguei eiqui xusto cando se fala do xabarin.
    Eu estou a subir todos os videos q teño (48) do xabarin asi que se alguen lle interesa podeos ver en youtube buscando “xabatubo” ou “xabarin” http://www.youtube.com/results?search_query=xabatubo&search=Search.
    Tamén os subirei a http://xabatubos.podomatic.com para descarregar e tomo nota dos mp3s que non o pensara, pero se o meu ocio o permite pode que tamen os suba.
    Deica logo dun dos desaparecidos blogueiros da galiza a outro, moi boa páxina e bos contidos;).

  6. Iria Says:

    olas, integrantes da xabaxeración!
    aquí estamos un compañeiro e máis eu (16 e 17 anos respectivamente) que tentamos facerlle unha homenaxe a este programa mítico da nosa infancia na revista que en breve publicará por primeira vez o IES nº1 de Ordes impulsada polo equipo de normalización lingüística do centro. somos os únicos alumnos que nos interesamos por participar no proxecto e… ben… non temos modo de facer este artigo tan cariñoso e morriñento que nos propoñemos, porque na rede non hai nada que no-lo permita. non atopamos moito da súa historia, a web oficial non vai, e tampouco hai material para falar de toda a programación de hai 10 anos, a nosa programación, a de TNT, Arale, Contos dende a Cripta, o Mundo de Beakman, os míticos da nosa infancia… é un pouco triste… habemos ter que botar man tan só da nosa gastada e malgastada memoria… se alguén ten tempo, quere e pode enviarme algo que recorde, atope ou lle pareza interesante, este é o meu enderezo: iriuska_iria@hotmail.com Graciñas e un bico!

  7. Estrela Negra » Chamamento a todos os Porcos Bravos Says:

    [...] Que foi dos mellores anos do Xabarín Club? Se queremos algo de información sobre aquela época, ónde está? Recibín un comentario de axuda de parte de Iria que reproduzo aquí: olas, integrantes da xabaxeración! aquí estamos un compañeiro e máis eu (16 e 17 anos respectivamente) que tentamos facerlle unha homenaxe a este programa mítico da nosa infancia na revista que en breve publicará por primeira vez o IES nº1 de Ordes impulsada polo equipo de normalización lingüística do centro. somos os únicos alumnos que nos interesamos por participar no proxecto e… ben… non temos modo de facer este artigo tan cariñoso e morriñento que nos propoñemos, porque na rede non hai nada que no-lo permita. non atopamos moito da súa historia, a web oficial non vai, e tampouco hai material para falar de toda a programación de hai 10 anos, a nosa programación, a de TNT, Arale, Contos dende a Cripta, o Mundo de Beakman, os míticos da nosa infancia… é un pouco triste… habemos ter que botar man tan só da nosa gastada e malgastada memoria… se alguén ten tempo, quere e pode enviarme algo que recorde, atope ou lle pareza interesante, este é o meu enderezo: iriuska_iria [en] hotmail [punto] com Graciñas e un bico! [...]

  8. Alba Says:

    O luns sae un Xabarín informa que di as fechas e lugares da Xabaxira. ¡Ata agora non se confirmaran os bolos!
    Xabarín é tan porco coma sempre! Non o perdades, na TVG!

Leave a Reply