Alatriste
O domingo pasado fun ver Alatriste ao cine, á derradeira sesión do día e a sala estaba chea. Trás os anuncios mentres ceabamos uns bocatas comezou a película e non podo estar máis que dacordo con Pawley.
É un filme sen argumento e con diálogos pobres. O director Agustín Díaz-Yanes quixo plasmar nunha soa película as 5 novelas de Arturo Pérez-Reverte polo que ás veces non sabes moi ben onde estás e te preguntas porqué estás ahí. Chega a ser algo aburrida nalgúns
puntos da película e desexas que o Diego Alatriste morra xa para que acabe a película, pero ao fine e ao cabo poucas películas son entretidas durante todo o tempo que duran. O filme conta unha historia que parece non contar nada, quizais debido aos diálogos que son curtos e malos.
Os actores actuaron moi ben, sobre todo Viggo Mortensen, o protagonista, ao que lle fallou o acento, unha mistura de acento inglés e acento arxentino, sería mellor que o dobrasen. Fantástico Luis Zahera, coñecido en Galiza coma petroleo, interpretando a un portugués con sotaque galego. Incomprensíbel é o de poñer a unha muller, Blanca Portillo, no papel dun home, que conste que non o fixo mal, pero habería outros actores máis acorde co papel.
O bo da película é a ambientación, é realmente dun 10. É moi doado meterse no contexto histórico da película grazas aos bos decorados e á vestimenta. É fascinante ver como a arte do cine pode transportarte ate o pasado tan facilmente.
Nótase que é o filme español que máis custou aínda que a calidade do argumento non é moi alá. Si está ben ir ao cine a ver está película, aínda que non te perdes nada se non vas, por apoiar ao cine español (e o galego) que si ten (moitas) boas películas.
chuzame -
setembro 14th, 2006 at 8:12 pm
O último día que fun ó cine dubidei entre Alatriste e La noche de los girasoles. Ó final decanteime pola segunda e non me arrepinto. A verdade é que é un moi bo filme. Celso Bugallo, coma sempre, unha pasada. Aínda así, e a pesares das malas críticas, verei Alatriste.
setembro 15th, 2006 at 9:46 am
Ó final terei que ir a vela, aínda que Pérez Reverte caeme moi mal, non polos libros, pero si polas súas columnas de opinión.
setembro 15th, 2006 at 6:06 pm
non sei se a verei. Así, de pronto, non me atrea moito…
de todos os xeitos, esta finde semana tocará a última de ken loach…
setembro 15th, 2006 at 8:26 pm
Non perdedes nada se non a vedes… pero é de esas pelis que hai que ver. No cine ou baixada da mula…
setembro 19th, 2006 at 12:34 pm
un consello, vai ver a do Vento agita la Cebada. Tremenda e con pouca carga panfletaria (mérito extra nunha peli así)
setembro 21st, 2006 at 2:24 am
[...] 3 películas candidatas á representación española nos Oscar, (Volver, Alatriste, e Salvador), é esta, na miña opinión, a mellor de todas e merecedora de estar nominada a un Oscar. | | - [...]