Everyday
10 de setembro de 2006
Noah Kalina é un fotografo estadounidense que un bo día de 2000 tivo a brillante idea de fotografar a súa propia cara cada día.
Dende o 11 de xaneiro do 2000 e baixo o título de Noah K Everyday leva tirado milleiros de fotos da súa propia cara e aínda non rematou, non ten data de remate. Despois de 6 anos fixo un video con todas as fotos sacadas nese período. É curioso e abraiante ver como vai cambiando o peiteado, a roupa, o fondo, pero a súa mirada segue a ser a mesma. Din que os ollos son o espello da alma e esta pode ser a proba de que aínda que pase o tempo, un segue a ser un mesmo.
Encantame esta idea e vou tentar facer o mesmo. Baixo o proxecto face intentarei tirar unha foto da miña cara cada día sen ter en conta a cámara, onde estea, a roupa que leve, e mesmo sen ter en conta a hora en que a saco. A ver canto duro.


10 setembro 2006 at 7:30 am
A min esto ponme nervioso porque vexo que, no meu caso particular, a vida pasa a esa velocidade e vou ter que deixar moitas cousas sen facer por falta de tempo.
10 setembro 2006 at 9:47 am
Si, é forte ver pasar a túa vida tan rápido e dá un pouco de medo. É como un recordo da túa vida, é como un blog máis ou menos :), só que fotográfico.
10 setembro 2006 at 2:28 pm
A mín paréceme un proxecto fantástico e fermoso, é un moi bo diario. Para poder coñecer a propia evolución “cara a cara”.
Unha aperta.
10 setembro 2006 at 6:38 pm
eu estou con marinha, gústame a idea. Hai tempo lera por algures que non sei quen (é dicir, non teño nin p.i. de nada) un(ha) artista fixera o mesmo pero cos seus pais ou algo así. Tentarei investigar
Tiven un compañeiro de piso que se propuxera facer todos os días unha foto, como unha especie de foto-diario. Era unha delicia o traballo (tamén era ‘artista’). Mágoa da falla de constancia…
por certo, non vin por ningures as arañas neste blog
unha aperta
10 setembro 2006 at 11:33 pm
Non é mala idea facer fotos aos compañeiros de piso para que qude constancia dese ano, proporeino :P.
As arañas están nos albmes de foto, nas estanterias
11 setembro 2006 at 3:13 pm
Umha foto cada dia durante 6 anos…
Noah Kalina é um fotografo estadounidense que um bom dia tivo ideia de fotografar a súa própria cara cada día. Aínda nom rematou, nom tem data de remate. Após 6 anos fixo um video com todas as fotos sacadas nesse período….
11 setembro 2006 at 4:08 pm
Uma foto cada dia durante 6 anos…
Noah Kalina um fotografo estadounidense que um bom dia tivo a ideia de fotografar a sa prpria cara cada da. Anda nao rematou, nao tem data de remate. Aps 6 anos fixo um video com todas as fotos sacadas nesse perodo….
11 setembro 2006 at 8:19 pm
Pois penso que pode ser máis interesante a longo prazo o seguinte:
1 única foto á seman, á mesma hora e no mesmo sitio. A vestimenta non importa.
Desta maneira, coa suficiente vontade (poida que se necesite menos que para tirala tódolos días) pódense ver cambios ó longo dos anos.
Saúdos e ánimo.
12 setembro 2006 at 8:41 am
É outra forma. Tamén hai familias (no blog de Nemeth hai ligazóns a esas familias) que se sacan unha foto ao ano, no mesmo día e no mesmo sitio. Así comproban a evolución da familia ao longo dos anos, dende os pais ate os bebes.