Blogmusik
Por fin teño un iPod!... aínda que sexa virtual. Vía Capítulo 0 e Chuza! atopo Blogmusik, unha das mellorciñas páxinas que hai na internet. A web é un reprodutor con forma de iPod (en branco ou en negro) que ten un buscador de artistas e podes crear e organizar varias playlists. O bo é que o servizo conta con moitas cancións (unhas 125.000) xa que colle as cancións de un montón de radios por toda internet.
Entre as súas cousas boas está que podes engadir o buscador de cancións ao Firefox e podes pór ligazóns na túa web ou blog ás cancións que che interesen ou ás túas playlists. Ademáis conta cunha lista con todos os estilos musicais das cancións e outra lista ordeada alfabeticamente de todos os artistas dos que podes escoitar cancións.
Levo pouco tempo nesta web e xa atopei cancións que non coñecía e grupos estupendos que xa están na lista de descargas do eMule.
Un deses grupos é Les Betteraves, ska-punk francés, que se separou e agora continuan con Guerilla Poubelle. Soan moi ben, a música francesa sempre me chamou a atención e estes o fan ben, a canción coa que os descubrín é un intento de imitar a Manu Chao, ou unha parodía del, o caso é que é ben curiosa.
solo mi con mi pena
sola va mi condiena
solo mi con mi pena
para lo la la lee
pedi to con mi corason
en la grande babilón
tequila maguiguana
vamos a la playa
shabalababidu
bi bi du birubirubira
te quiero mi amorra
mi amorra ayista
la la la
shibiru clandestino
avirau clandestino
Manu Chao millauu
Outras cancións interesantes que atopei no pouco tempo que estiven:
- Les Wampas - Manu Chao
- Les Betteraves - Ingenieur Informaticien
- Banda Bassotti - Luna Rossa
- Les Betteraves - Guerrilla Poubelle
- Louise Attack - Léa
chuzame -