Eleccións Xerais 2008

Atención, este post está escrito o 9 de marzo ás 17:30, antes do peche das urnas. Cando estas palabras foron escritas o autor descoñecía calquer resultado electoral.

España chegou a un punto de dualismo onde é dificil saír. Moitos din que é malo e abofé que o é, tamén din que é o mesmo votar a uns que votar a outros pero eu penso que non. Non é o mesmo vivir gobernados por Rajoy que por Zapatero aínda que os problemas persistan. Creo que nisto estamos todos dacordo.

Entendo e apoio aos que non están dacordo co sistema electoral e non votan, pero non entendo aos que non votan porque pasan ou aos que chaman á abstención porque sí. A única forma de cambiar o sistema, tal como están as cousas, é comezando por cambiar a Ley d’Hont e a partir de ahí, pouco a pouco, todo o que queiramos.

Mentres uns ou outros non fagan unha boa camapaña e sexan atendidos polos mass-media, as cousas non cambiarán. Eu recomendo ir votar, sempre (a non ser en casos excepcionais), e vota pola túa idea política. Non votes o voto útil se iso significa votar ao PSOE para que non goberne o PP. Iso acaba sendo voto inútil.

Para estas eleccións non tiña moi claro o meu voto polo que establecín un sistema de filtros para decidilo. Eu son de esquerdas polo que o meu voto ten que ir para un partido de esquerdas. Agora xa teño descartados ao PP e ao PSOE por non ser de esquerdas.

Neste punto practicamente só teño que escoller entre 2 partidos de esquerdas, uns son os que quero que gobernen en España e outros son os únicos que defenden a Galiza en España. Ante este dilema decidín o meu voto grazas ao voto útil.

Sempre que poidas vota.

Qué virá despois da Web 2.0?

Se antes tíñamos a web 1.0 e agora temos a web 2.0… que será o seguinte?

Pois o que virá será a Web 3.0 :). Que non será outra cousa que a suma da web semántica máis a web 2.0. Polo menos isto é o que me quedou claro ao ir á xornada de Novas tendencias en Internet: web 3.0 organizadas pola USC.

Aínda que nadie se pon dacordo en definir o que é a web 2.0 todos podemos diferencia-la da web 1.0 (por chamar a pre-web 2.0 dalgún xeito). Na web 2.0 os usuarios poden editar o contido dunha web automáticamente dende o navegador, hai máis usuarios, popularizouse AJAX e parece que a web 2.0 é para usuarios e non para a información. As abundantes redes sociais (moitas delas inútiles ou irrelevantes), a cantidade de blogs e as chamadas aplicacións web son un claro exemplo do que pretendo explicar.

Pero… qué é a web semántica? A Wikipedia e a W3C o explican moi ben. Ben sendo algo así como a web para os ordenadores, nunha linguaxe na que a información será ben interpretada polas máquinas. É dicir, se estamos nunha web con información sobre restaurantes dunha determinada cidade, o noso ordenador saberá exactamente onde se atopa a cidade no mapa (país, comunidade, provincia…), saberá tamén que estamos a ver unha web sobre restaurantes e non terá problemas en saber cal é o número  de teléfono de cada restaurante. Ata o de agora o navegador non fai máis que pór na pantalla o que os códigos html lle digan, na web semántica será quen de saber interpretalos.

Na miña opinión, como xa dixen, a suma destas dúas cousas será a Web 3.0, boa información coas vantaxes da web social.

Xa están aquí…

Xa case están aqui os exames e xunto coas prácticas e traballos vai ser unha época dura. Por iso, como fixen o curso pasado, vou tomar algunhas medidas para non distraerme en exceso:

  • Borrar moi de vez en cando as cookies, historial, etc. do navegador.
    Así evito ver que foi o último que busquei en google xa que estará borrado o historial dos formularios…
  • Desactivar o Google Reader Watcher.
    Non volverei (até o fin dos exames) a ver os feeds que teño no Google Reader, ao desactivar este plugin de Firefox xa non haberá nada que me indique os feeds que teño por ler.
  • Cambiar as páxinas de inicio do meu navegador.
    Quitarei a Netvibes e pórei a Google | Simple GTD | Google Calendar | Twitter.
  • Meterei nos marcadores do navegador algunhas webs necesarias
    Para non perder tempo buscando o enderezo dalgunhas webs que si necesitarei visitar nalgún momento as meterei nos marcadores.
  • Controlarme polo Twitter.
    Moitos din que o Twitter sirve para controlarse á hora de traballar. Pórei o que vou facendo que será (iso espero) o que teño que facer.

E agora só falta o máis importante… traballar e estudar.

Novo ano, mesmos propósitos

Hai tempo que non entro por estos lares xa case me olvido que teño un blog. Bueno, ante todo feliz ano novo a todos. Nunca é tarde para desexarvos un ano novo repleto de humor e de utopías.

Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei.

Para este ano propóñome conseguir no 2008 estas cousas:

  • Aforrar
  • Adelgazar
  • Aprender esperanto
  • Aprender a tocar a guitarra
  • Sacar o carnet de conducir
  • Migrar completamente a un sistema GNU/Linux
  • Escribir máis no(s) blog(s)

A ver que tal…

Faino por Teresa

Acaban de enviarme unha cadea de email (tamén chamado fordward) de esas que a todos nos gustan. É graciosa, en resumo fala de que un home para satisfacer a unha muller ten que ser/facer 51 cousas e de que unha muller para satisfacer a un home ten que facer tan só dúas cousas.

Pero o máis gracioso de todo é a explicación de porque teño que enviar esta cadea a 5 persoas. Non ten desperdicio:

Esta cadena la comenzó en 1625 un monje moldavo apasionado por la informática en una parroquia de Portugal con el fin de salvar a Teresa, una niña gravemente enferma. Hoy esta niña tiene 378 años y tiene un cáncer de testículos y una horrible fiebre de tiroides que le contagió un ciervo al violarla en el bosque cerca de un estanque contaminado por deshechos radioactivos. Además, durante un safari en África del Sur organizado por Halcón Viajes, al visitar en zoo de Johannesburgo, un panda importado del Himalaya se le comió una rodilla y una oreja.
Por eso, por favor, no rompáis esta cadena, hacedlo por ella.
Sois su única esperanza de cura, y además os traerá suerte.
Como le ocurrió a un joven irlandés que, en 1912, envió este mensaje por SMS. Esa misma semana vio cómo le ofrecían un billete gratis para un crucero inaugural en un fantástico trasatlántico británico, el Titanic.
Durante ese viaje descubrió los escalofríos del amor y las ventajas de la natación.
No conservéis este mensaje en vuestro ordenador más de 16 minutos, sino la maldición se cebará con vosotros hasta que lluevan billetes de las antiguas pesetas.
Más recientemente, el 10 de septiembre del 2001 en Nueva York, Antonio Fishback, diseñador de páginas web para Vivaldi Universal, recibió este mensaje a las 16h57 en su ordenador personal. Como acababa a las 17h, ignoró el mensaje. A la mañana siguiente, murió al ser arrollado por uno de los camiones de bomberos que iban a socorrer a las victimas del World Trade Center.
Da que pensar, no? Así que no dudéis más. Enviad este mensaje a todos vuestros amigos. Les traerá suerte, de por vida. Cada vez que vayan al lavabo, aún habrá papel. Cada vez que vayan al banco no tendrán que hacer cola. Cada vez que necesiten aparcar hallarán una plaza libre.
Cada vez que cante Bisbal en la radio les llamaran al teléfono. Y además no tendrán que responder a ninguno de esos mensajes cadena que a todos nos joden.
Este mensaje ya ha hecho 759 874 236 587 veces la vuelta al mundo. Por Teresa, por vosotros, por mi, por todos vuestros amigos, no rompáis esta cadena. Gracias.

A rede francesa sen liberdade

Liberté, egalité, fraternité.

Ónde quedou iso? Qué fixeron os franceses? Sorprendente é o que está a facer Sarkozy en Francia e sorprendente é o último que fixo, máis polo extremismo do asunto que por outra cousa.

Resulta que Sarkozy chegou a un acordo cos ISP franceses e as asociacións tipo SGAE francesas para evitar que os usuarios descarguen cousas polas redes P2P. Agora, unha autoridade independente enviará como mínimo dúas ameazas (en forma de correo electrónico) aos usuarios que se descarguen pola rede P2P contido ilegal, e se o usuario segue a usar as redes P2P, o ISP poderá suspender temporalmente ou rescindir o contrato co usuario.

Eu pregúntome… qué pasa se descargas contido legal polas redes P2P? O goberno francés espiará o que descargas? Está claro que isto non é máis que outra medida represiva do goberno francés que agardamos que nunca chegue ao noso país. Agora Sarkozy teno máis doado para espiar e, quizais, mandar ao cárcere a alguén que pense distinto ou simplemente que proteste da súa política.

Sei que podo ser esaxerado, pero comézase por isto e non se sabe cando vai parar. Se cadra Sarkozy é listo (e malvado) e sabe que quen controle internet ten casi todo o poder do seu país.